XXVI XORNADA CENTRAL DE FORMACIÓN EN VACINAS

As posibilidades de previr enfermidades mediante vacinacións, no neno e no adulto, crecen de forma constante e rápida.
A revisión frecuente e periódica dos calendarios vacinais comunitarios é xa imprescindible, cos obxectivos de incorporar novas vacinas, reducir a súa complexidade e simplificar a súa aplicación.
A actualización das pautas de inmunización non é por si soa suficiente, as instancias públicas pertinentes deben promocionar a súa adecuada divulgación para conseguir que a totalidade da poboación se beneficie da dispoñibilidade de preparados vacinais eficaces e seguros.
A xornada ten como obxectivo afondar nos principais desafíos e avances no ámbito da vacinación, centrando a atención en tres eixes fundamentais: o reto da mellora continua na vacinación fronte á gripe, a vacinación como ferramenta clave na prevención das infeccións de transmisión sexual (ITS) e a conmemoración dos 50 anos do calendario de vacinación en Galicia.
Trátase dun espazo para o intercambio de coñecementos e experiencias, orientado á actualización profesional e á mellora continua.
- Formato: Presencial
- Data: 18 de Outubro do 2025
- Lugar: Salón de actos da Consellería de Sanidade - Santiago de Compostela
- Horario: 10:00 h a 14:15 h
- Prazas: 150
- Destinatarios: Persoal sanitario, persoal da Dirección Xeral de Saúde Pública e persoal dos Departamentos Territoriais da Consellería de Sanidad.
Programa da Xornada
Acceso ao evento
Para facilitar o seguimento da xornada a todas as persoas interesadas, habilitouse a posibilidade de asistencia por streaming, accesible a través da seguinte ligazón: