Instrumentos para a avaliación dos programas incluidos na carteira de servizos en materia de prevención das drogodependencias (publicación electrónica)
ID
2083
Ano
2011
Formato
Idiomas
Galego
Colección
Publicacions Electrónicas
Resumo
A avaliación constitúe unha ferramenta esencial para a promoción de intervencións preventivas baseadas en evidencias. No ámbito da prevención, a avaliación permite comprobar a efectividade dos programas nos grupos destinatarios e o grao de cumprimento dos obxectivos propostos. en suma, a avaliación permite coñecer os resultados obtidos coa aplicación dos programas para melloralos, ou cesar su aplicación. Por iso, o obxectivo básico do presente documento non é outro que o de facilitar ao máximo a avaliación do conxunto de programas. Por iso, seleccionáronse neste manual, unha serie de instrumentos de referencia cos cales cubrirase o proceso de recollida da información necesaria para completar a avaliación do proceso e os resultados, adaptados á metodoloxía, obxectivos e contidos de cada programa. A selección dos instrumentos de avaliación que se incorporan a cada un dos programas preventivos estivo determinada por dous criterios: a sencillez e validez dos instrumentos, procurando o uso de ferramentas estandarizadas, e a sua completitude dos ámbitos de análise. Existen dispoñibles instrumentos de avaliación (escalas, cuestionarios, etc.) cos que están xa familiarizados os técnicos de prevención, ou que son de uso xeral entre os profesionais do sector, polo que optouse pola súa inclusión neste manual, declinando o uso de instrumentos máis complexos, específicos ou con maior potencia descritiva.