A XUNTA CONVOCA MÁIS DE 73.600 PERSOAS MAIORES DE 60 ANOS PARA VACINARSE FRONTE Á GRIPE ESTA FIN DE SEMANA NOS RECINTOS HOSPITALARIOS
O Goberno galego citará para esta fin de semana máis de 73.600 persoas maiores de 60 anos para que poidan inmunizarse fronte á gripe nos recintos hospitalarios públicos, nunhas novas xornadas extraordinarias de vacinación organizadas pola Consellería de Sanidade para incrementar os niveis de protección da poboación.
Estas xornadas extraodinarias de vacinación realizaranse o sábado en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas nos hospitais comarcais e principais das sete áreas sanitarias. No caso dos hospitais principais, a vacinación prolongarase durante a xornada do domingo, no mesmo horario de mañá e de tarde.
As persoas que formen parte desa franxa de idade da poboación diana recibirán unha mensaxe de texto da Consellería de Sanidade, indicando a marxe horaria e o centro ao que teñen que asistir.
A día de hoxe xa foron vacinadas da gripe máis de 830.000 persoas, mentres que a porcentaxe dos maiores de 60 anos chega ao 65 %.
A comunidade galega está preparada para afrontar esta nova temporada e, desde mediados de novembro, ten operativo o Plan de inverno para anticiparse, previr, planificar e xestionar os recursos que permitan responder aos picos de demanda.
No seguinte cadro, poderán consultarse os lugares e horarios da vacinación extraordinaria fronte á gripe para esta fin de semana.
Distrito |
PUNTO |
Sábado 20 |
Domingo 21 |
A CORUÑA |
Hospital Universitario da Coruña, 4ª planta, consultas integradas |
10-14 h e 16 a 20 h |
10-14 h e 16 a 20 h |
CEE |
Hospital Virxe da Xunqueira, consultas externas |
10-14 h e 16 a 20 h |
|
FERROL |
Hospital Arquitecto Marcide, laboratorio |
10-14 h e 16 a 20 h |
10-14 h e 16 a 20 h |
BURELA |
Hospital da Mariña, punto de vacinación |
10-14 h e 16 a 20 h |
|
LUGO |
Hospital Lucus Augusti, 4ª planta |
10-14 h e 16 a 20 h |
10-14 h e 16 a 20 h |
MONFORTE |
Hospital de Monforte, planta baixa, entrada zona aparcadoiro |
10-14 h e 16 a 20 h |
|
O BARCO |
Hospital Valdeorras, biblioteca |
10-14 h e 16 a 20 h |
|
OURENSE |
CHUO, Planta 0, novo edificio de hospitalización |
10-14 h e 16 a 20 h |
10-14 h e 16 a 20 h |
VERÍN |
Hospital de Verín, consultas externas |
10-14 h e 16 a 20 h |
|
PONTEVEDRA |
Hospital de día do Provincial (entrada por Consultas Externas, parte traseira do hospital) |
10-14 h e 16 a 20 h |
10-14 h e 16 a 20 h |
O SALNÉS |
Hospital do Salnés, planta 0, hospital de día de adultos |
10-14 h e 16 a 20 h |
|
BARBANZA |
Hospital de Barbanza, salón de actos |
10-14 h e 16 a 20 h |
|
SANTIAGO |
Complexo Hospitalario de Santiago, Sala de toma de mostras (planta -3) |
10-14 h e 16 a 20 h |
10-14 h e 16 a 20 h |
VIGO |
Hospital
Público Álvaro Cunqueiro, |
10-14 h e 16 a 20 h |
10-14 h e 16 a 20 h |
SINCIGAL para maiores de 18
O pasado 20 de novembro, iniciouse en Galicia un ensaio pioneiro, o SINCIGAL, co obxectivo de avaliar a redución de hospitalizacións polo virus respiratorio sincitial en adultos. Nun principio, dirixiuse aos maiores de 60 anos, por tratarse do grupo con maior risco de complicacións graves, hospitalizacións e mortalidade asociada ás infeccións respiratorias. Nestes momentos, xa son preto de 10.000 as persoas que aceptaron participar.
Desde hoxe, amplíase aos maiores de 18 anos, co obxectivo de dispoñer dunha visión máis completa do impacto desta vacina nas persoas adultas.
Todos os interesados poderán acudir, sen cita previa, a un dos centros participantes que figuran neste listado (www.sincigal.com).
Ademais, esta fin de semana, os puntos abertos para a vacinación de gripe terán habilitadas tamén liñas para o ensaio SINCIGAL. No caso da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, o ensaio só estará dispoñible no Complexo Hospitalario de Santiago.