Declaración de accesibilidade
A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web Observatorio de Saúde Pública de Galicia.
Situación do cumprimento
Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.
Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
- falta de conformidade co RD 1112/2018:
- Non é posible a navegación mediante o uso do teclado xa que o foco sobre o elemento activo non é visible e algúns obxectos, como as caixas de busca, bloquean o foco sobre o seu elemento afectando os requisitos número: 2.1.1 Teclado, 2.1.2 Sen trampas para o foco do teclado e 2.4.7 Visibilidade do foco de UNE-EN 301 549:2019.
- Nalgúns casos, a combinación de cores usada pode dificultar a súa lectura ou a identificación do seu propósito afectando os requisitos numero 9.1.4.1 Uso da cor, 9.1.4.3 Contraste (mínimo) e 9.1.4.11 Contraste non textual de UNE-EN 301 549:2019.
- Algunhas ligazóns non permiten determinar o seu propósito claramente ao presentarse repetidas na mesma páxina ou non anunciarse correctamente aos produtos de apoio afectando os requisitos 1.3.1 Información e relacións e 2.4.4 Propósito das ligazóns (no seu contexto) de UNE-EN 301 549:2019.
- carga desproporcionada: non aplica.
- o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.
Preparación desta declaración de accesibilidade
Esta declaración foi preparada o 15/01/2024.
O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Última revisión da declaración: 15/01/2024.
Observacións e datos de contacto
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de maneira electrónica, telefónica ou presencial.
As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia.
Procedemento de aplicación
O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.
Data da última revisión
A última revisión de accesibilidade foi realizada o 15/01/2024.
Ligazóns relacionadas
- Pautas de accesibilidade para a contido web versión 2.1 - Recomendación do W3C publicada o 5 de xuño de 2018
- Guía rápida sobre como cumprir coas pautas de accesibilidade para a contido web versión 2 - Publicación do W3C
- Iniciativa de accesibilidade do W3C
- Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro , sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público
- Estratexia da accesibilidade - Portal da Administración electrónica
- Norma UNE-EN 301 549:2019, coa versión 2.1.2 da Norma EN 301 549:2018, dos "Requisitos de accesibilidade para produtos e servizos TIC"
- Atención á cidadanía