Indicadores
A continuación detállanse as categorías de indicadores publicados no portal do Observatorio de Saúde Pública. Navega polas categorías para chegar á listaxe filtrada pola categoría seleccionada. Desde a lista final, podes filtrar novamente polo título e descrición do indicador.
Os indicadores do Observatorio de Saúde Pública de Galicia están diferenciados en indicadores do estado de saúde e indicadores de intervencións e programas desenvolvidos no ámbito da Dirección Xeral de Saúde pública (indicadores de actividade de programa e de avaliación do seu impacto na saúde).
O obxectivo destes indicadores do estado de saúde é proporcionarlles información útil sobre a natureza, a magnitude e a tendencia dos problemas de saúde de Galicia tanto aos equipos implicados na toma de decisións estratéxicas, como aos profesionais sanitarios, investigadores en saúde, e á poboación en xeral.
Por outra banda, o obxectivo dos indicadores dos programas da Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP) é reflectir a actividade realizada pola DXSP nos diferentes ámbitos nos que actúa.