Incidencia de tumores no ano 2022
O Rexistro Galego de Tumores (REGAT) é un rexistro de base poboacional que identifica e rexistra, de forma exhaustiva e continuada, os novos tumores diagnosticados na poboación residente en Galicia desde o ano 2010.
A continuación preséntanse os datos sobre a Incidencia de tumores en Galicia, correspondentes ao último informe consolidado do Rexistro Galego de Tumores, relativo ao ano 2022. A incidencia reflicte o número de tumores primarios, non o número de persoas con cancro.
Os datos sobre os tumores incidentes proveñen do Rexistro Galego de Tumores. A poboación residente en Galicia, desagregada por sexo e grupo de idade, obtívose do Instituto Galego de Estatística (Padrón Municipal de Habitantes).
Incidencia de tumores por localización, sexo e idade
A continuación preséntanse os datos de frecuencia e taxas de todos os tumores, agás os de pel non melanoma, rexistrados en Galicia no ano 2022, desagregados por localización, sexo e idade.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Espazo | Sexo | Tumor | Grupo idade | Total |
---|---|---|---|---|---|---|
2022 | Comunidade | Galicia | Homes | Todos, excepto de pel non melanoma | Total | 10.190 |
2022 | Comunidade | Galicia | Mulleres | Todos, excepto de pel non melanoma | Total | 7.047 |
2022 | Comunidade | Galicia | Total | Todos, excepto de pel non melanoma | Total | 17.237 |
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Espazo | Sexo | Tumor | Grupo idade | Taxa bruta [x100000 habs.] |
---|---|---|---|---|---|---|
2022 | Comunidade | Galicia | Homes | Todos, excepto de pel non melanoma | Total | 787,10 |
2022 | Comunidade | Galicia | Mulleres | Todos, excepto de pel non melanoma | Total | 504,90 |
2022 | Comunidade | Galicia | Total | Todos, excepto de pel non melanoma | Total | 640,70 |
A taxa bruta de incidencia de tumores por 100.000 habitantes, excluíndo os tumores de pel non melanoma, refírese ao número total de tumores malignos primarios diagnosticados por primeira vez en persoas residentes en Galicia, expresado por cada 100.000 habitantes no ano 2022.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Espazo | Sexo | Tumor | Taxa axustada (Pob. europea)[x100000] | Taxa axustada (Pob. mundial)[x100000] |
---|---|---|---|---|---|---|
2022 | Comunidade | Galicia | Homes | Todos, excepto de pel non melanoma | 664,40 | 304,60 |
2022 | Comunidade | Galicia | Mulleres | Todos, excepto de pel non melanoma | 382,90 | 208,60 |
2022 | Comunidade | Galicia | Total | Todos, excepto de pel non melanoma | 505,30 | 251,40 |
A taxa axustada de incidencia estima o número de novos casos diagnosticados en residentes de Galicia en 2022, por cada 100.000 habitantes. Axústase polo método directo, usando como referencia a poboación estándar mundial ou europea (2013), a partir das taxas específicas por grupos de idade quinquenais.
A taxa específica por idade representa o número de tumores incidentes rexistrados para un determinado grupo de idade, expresado por cada 100.000 persoas pertencentes a ese grupo de idade.
Incidencia de tumores por tipo tumoral
Finalmente, preséntanse os datos sobre o frecuencia de casos incidentes de tumores rexistrados en Galicia durante o ano 2022, desagregando polo tipo tumoral e por sexo.
Indicadores ampliados
Para máis información, pódese consultar o último informe anual do Rexistro Galego de Tumores ou os datos dos indicadores ampliados publicados neste Observatorio, que mostran a evolución da incidencia de cada tipo tumoral no período 2020-2022.