Supervisións conformes
O indicador «Supervisións conformes» proporciona información sobre a porcentaxe de supervisións conformes entre as supervisións realizadas, co fin da toma de decisións por parte das distintas unidades de xestión.
No marco global da mellora continua e seguindo o ciclo PDCA, na etapa de REVISIÓN (Check), avalíanse os resultados, comprobando o grao de cumprimento do planificado e a eficacia do sistema. Para iso empréganse as técnicas de supervisión, verificación da eficacia e auditorías do control oficial.
A supervisión é o conxunto de actividades realizadas polos niveis superiores xerárquicos co obxecto de valorar a correcta realización das funcións dos axentes de control oficial e a aplicación da normativa vixente en materia de seguridade alimentaria e sanidade ambiental.
A supervisión no ámbito do control oficial ten como obxectivo estratéxico mellorar o grao de implantación e a calidade do control oficial desenvolvida pola inspección de Saúde Pública.
Ademais de dar cumprimento á lexislación vixente na Unión Europea, a supervisión pretende detectar posibles carencias no sistema de control oficial, mellorar a súa eficacia introducindo plans de mellora ante as deficiencias detectadas e proporcionarlles, tanto á propia Administración como á poboación, a confianza de que os sistemas de control están funcionando correctamente.
Os aspectos que supervisar veñen definidos no documento de supervisión do Ministerio de Consumo.
Para isto, establece a sistemática xeral para valorar o coñecemento e a aplicación da normativa e dos procedementos documentados na realización dos controis oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia e asegurarse de que se adoptan as medidas correctoras cando é preciso.
Caracterízase porque é realizada:
- Pola propia unidade, sobre os seus axentes de control oficial.
- De forma continua ao longo do ano.
- Sobre todos os axentes de control nun ciclo de supervisión quinquenal. Cada ano distribuiranse equitativamente o número total de inspectores para supervisar.
As actuacións que cómpre supervisar serán representativas dos diferentes tipos e motivos de control (inspeccións, auditorías, mostraxes, alertas, etc.).
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Porcentaxe |
---|---|---|---|---|
2022 | Comunidade | 12 | Galicia | 57,87 |
2021 | Comunidade | 12 | Galicia | 77,00 |
2020 | Comunidade | 12 | Galicia | 76,17 |
2019 | Comunidade | 12 | Galicia | 78,53 |
2018 | Comunidade | 12 | Galicia | 85,24 |
2017 | Comunidade | 12 | Galicia | 87,00 |
2016 | Comunidade | 12 | Galicia | 86,00 |