Vacinación fronte á gripe en embarazadas
Información actualizada diariamente. Última actualización:
22/11/2024
Dentro das recomendacións da Consellería de Sanidade relativas a vacinación fronte á gripe atópanse as mulleres embarazadas, polo maior risco de complicacións ou cadros graves en caso de padecer gripe e COVID-19.
Porcentaxe de mulleres embarazadas vacinadas fronte á gripe
A continuación, preséntase información máis detallada sobre as coberturas de vacinación en mulleres embarazadas. A cobertura refírese á porcentaxe de mulleres deste grupo que recibiu a vacina ao longo da campaña.
Para o cálculo das coberturas, a información sobre as mulleres vacinadas obtense do Rexistro de Vacinas de Galicia, mentres que o número total de mulleres embarazadas é unha estimación baseada nos nacementos do ano anterior, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE).
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Espazo | Sexo | Grupo idade | Porcentaxe |
---|---|---|---|---|---|
2024 | Área sanitaria | A Coruña e Cee | Mulleres | Total | 23,68 |
2024 | Área sanitaria | Ferrol | Mulleres | Total | 20,62 |
2024 | Área sanitaria | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | Mulleres | Total | 12,86 |
2024 | Área sanitaria | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | Mulleres | Total | 19,65 |
2024 | Área sanitaria | Pontevedra e O Salnés | Mulleres | Total | 14,60 |
2024 | Área sanitaria | Santiago de Compostela e Barbanza | Mulleres | Total | 23,14 |
2024 | Área sanitaria | Vigo | Mulleres | Total | 17,15 |