Ir o contido principal

Definición de perfís de saúde

Que ofrece un perfil de saúde

O perfil de saúde ofrece unha visión detallada da saúde da poboación galega nunha determinada zona para axudar a identificar problemas de saúde, tendencias, desigualdades e factores de risco. Fundaméntase nunha serie de indicadores ou medicións, sobre asuntos ou problemas claves de saúde. 

Os indicadores deben ser fáciles de medir e comprender, susceptibles de ser abordados nalgún nivel das políticas, e son utilizados para medir o progreso na reducción das desigualdades e mellorar a saúde da poboación.

OBXECTIVOS DUN PERFIL DE SAÚDE

Os obxectivos dun perfil de saúde son:

  • Facilitarlles aos profesionais e público en xeral a comprensión da situación da saúde dunha poboación determinada.
  • Axudar os responsables na toma de decisións e na planificación de posibles intervencións de saúde pública.
  • Ofrecer unha perspectiva comparativa, permitíndolles aos usuarios entender como se sitúa unha zona en relación co resto de Galicia.

INDICADORES SELECCIONADOS

A construción de perfís de saúde é unha parte fundamental do traballo dun observatorio de saúde pública. Para resumir toda a información dispoñible, selecciónanse unha serie de determinantes de saúde pola súa súa importancia, relevancia científica e a dispoñibilidade de datos a diferentes niveis.

Os indicadores seleccionados polo Observatorio de Saúde Pública de Galicia para elaborar os perfís de saúde clasifícanse nos seguintes grupos: factores sociodemográficos, sistemas de saúde, morbilidade e mortalidade, calidade ambiental e estilos de vida.

  • Indicadores sociodemográficos: 
    • Poboación: pirámide poboacional, idade media, taxa bruta de natalidade, esperanza de vida aos 65 anos, índice de sobreenvellecemento, índice de dependencia senil e índice de dependencia global. 
    • Pobreza: fogares con carencia material severa e taxa de risco de pobreza ou exclusión social.
    • Educación: baixo nivel educativo e abandono educativo temperán.
    • Desemprego: desemprego de longa duración
  • Indicadores do sistema de saúde: 
    • Saúde pública: taxa de participación no programa de detección precoz de cancro de mama, cobertura de primovacunación de hexavalente: DTPa/Hib/VPI/HB e taxa de participación no programa de detección precoz de cancro colorrectal.
    • Indicadores de asistencia sanitaria: porcentaxe de cotas médicas en atención primaria con cita a demanda en menos de 4 días, número de ingresos por cada 1.000 habitantes, lista de espera cirúrxica e número de ingresos urxentes de pacientes estrato 3 (alta complexidade) por 1.000 habitantes.
  • Indicadores de morbilidade e mortalidade: 
    • Mortalidade: mortalidade por cancro de pulmón evitable, mortalidade evitable e mortalidade por infarto agudo de miocardio.
    • Morbilidade: mala valoración do estado de saúde
    • Obesidade: poboación infantil galega con obesidade e poboación galega con obesidade.
  • Indicadores de calidade ambiental: 
    • Augas recreativas: calidade das augas de baño maritimas e calidade das augas de baño continentais, 
    • Augas de consumo: poboación abastecida por zonas de abastecemento no Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo
    • Aire: calidade ambiental do aire
  • Indicadores de estilos de vida
    • Dieta saúdable: poboación que consome un número axeitado de froitas e verduras
    • Actividade física: poboación galega sedentaria
    • Condutas adictivas: prevalencia do consumo de tabaco a diario no último mes en poboación de 15-64 anos e prevalencia do consumo de bebidas alcohólicas a diario no último mes en poboación de 15-64 anos.

Fontes de datos

As fontes de datos utilizadas están dispoñibles no apartado «máis información» que aparece en cada indicador.

Limitacións

É posible que en determinados indicadores non se dispoña dunha actualización anual dos datos ou non estean dispoñibles para a zona territorial seleccionada, polo que o perfil proporcionará os datos da actualización máis recente ou da zona territorial ampliada que forme parte da zona escollida na que se dispoñan datos.