Pasar al contenido principal

Telecentro

Breve descripción del recurso/activo
Este local de acceso público, habilitado polo concello, ofrece a todos os cidadáns un contorno de acceso gratuíto a Internet. Os veciños e veciñas poden acceder libremente a este espazo para navegar por Internet, utilizar os ordenadores e periféricos dispoñibles, ou mesmo conectarse como convidados desde os seus propios portátiles.

Este espazo está enfocado en desenvolver iniciativas vinculadas ás tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). Convértese así nun centro de teletraballo e servizos telemáticos, co obxectivo de espallar os beneficios das tecnoloxías da información no ámbito rural, promocionar o teletraballo e formar a empresas, traballadores e habitantes do concello e da comarca, preparándoos para a chamada Sociedade da Información.
Área temática
Cultura e ocio
Inclusión social
Ocupación e inserción laboral
Grupo de edad
Adolescentes (12-17 anos)
Mozos (18-29 anos)
Adultos (30-64 anos)
Maiores de 64 anos
Tipo de recurso
Recursos de organizacións
Accesibilidad
Cognitiva
Física
Acceso
Peonil
  • Tipo de titularidad
    Concello / mancomunidade
  • Gratuito
    no
  • Titular del recurso
    Concello de Sandiás
  • Teléfono de contacto
    988465001
  • Email de recurso
    info@sandias.es
  • Redes sociais
    -
  • Comunidad Autónoma
    Galicia
  • Provincia
    Ourense
  • Municipio
    Sandiás
  • Tipo de vía
    Lugar
  • Dirección
    Campo de San Nicolás
  • Código postal
    32692
  • Información adicional (Observaciones)
    -