Pasar al contenido principal

​OS MAIORES DE 18 ANOS XA PODEN PARTICIPAR NO ENSAIO CLÍNICO SINCIGAL DA XUNTA, DESTINADO A AVALIAR A EFICACIA EN ADULTOS DA VACINA CONTRA O VRS

Imaxe
Espazo de coñecemento sobre a situación da saúde pública en Galicia
 

A Consellería de Sanidade vén de estender o ensaio clínico SINCIGAL a toda a poboación maior de 18 anos co obxectivo de avaliar a redución de ingresos hospitalarios na poboación galega mediante a vacinación fronte ao virus respiratorio sincitial, VRS.

O estudo, que na súa primeira fase estaba destinado ás persoas maiores de 60 anos, amplíase agora á poboación maior de idade dando prioridade aos grupos de risco, entre os que se inclúen os profesionais dos centros sanitarios por mor do seu maior nivel de exposición a este virus.

Ata o vindeiro 31 de xaneiro estarán activas as unidades de participación en todos os centros de saúde participantes, cotando cunha ampla cobertura territorio. 


ÁREA SANITARIA

PUNTO DE VACINACIÓN

LOCALIZACIÓN

HORARIO




A CORUÑA E CEE

Hospital Universitario da Coruña

C. EXTERNAS 4ª PLANTA – SALA 51

Luns a venres de 16:00 a 20:00

Hospital Virxe da Xunqueira

C. EXTERNAS – SALA Nº9 – PLANTA BAIXA

Luns a venres de 16:00 a 20:00


FERROL

Hospital Arquitecto Marcide

C. EXTERNAS – PLANTA 0

Luns a xoves de 15:30 a 19:30




LUGO, A MARIÑA E MONFORTE DE LEMOS


Hospital Lucus Augusti



4ª PLANTA

Luns, martes e xoves de 15:00 a 19:00; mércores de 9:30 a 13:30

Hospital da Mariña

PUNTO DE VACINACIÓN

Mércores de 15:00 a 19:00 e venres de 09:30 a 13:30

Hospital de Monforte de Lemos

PLANTA BAIXA, ENTRADA ZONA APARCADOIRO, CONSULTAS DE REHABILITACIÓN

Martes de 09:30 a 13:30 e xoves de 15:00 a 19:00




OURENSE, VERÍN E O BARCO DE VALDEORRAS

Complexo Hospitalario de Ourense

AULA DE INNOVACIÓN

Luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30

Cs de Verín

CS DE VERÍN

Luns a venres de 10:00 a 14:00

CS Barco de Valdeorras

CS BARCO DE VALDEORRAS

Luns a venres de 10:00 a 14:00


SANTIAGO E BARBANZA

Hospital Clínico de Santiago de Compostela

PUNTO DE ATENCIÓN CONTINUADA – CONSULTA N.º 9


Luns a venres 16:00 a 20:00




PONTEVEDRA E O SALNÉS

Hospital Provincial

CONSULTAS - EXTERNAS HOSPITAL DE DÍA

Luns a venres de 15:30 a 19:30

Hospital do Salnés

CONSULTAS MEDICINA PREVENTIVA – PLANTA -1

Luns a xoves de 15:30 a 19:30


VIGO

Hospital Álvaro Cunqueiro

PLANTA 0 – ZONA DE DOCENCIA

Luns a venres de 15:30 a 19:30 e xoves 18 de decembro de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30

Ademais, continúan activas as unidades en todos os centros de saúde participantes, cunha ampla cobertura territorial. Na seguinte ligazón pódese consultar a lista de centros activos en www.sincigal.com ou chamar ao teléfono gratuíto 900 842 217 para información.

A vacina que se está a estudar (Abrysvo®) está  autorizada e comercializada, e o ensaio permite avaliar a súa eficacia na vida real para previr hospitalizacións por infección por VRS e complicacións asociadas. Así, a Dirección Xeral de Saúde Pública convida a toda  poboación maior de idade a participar neste iniciativa que están a desenvolver a Consellería de Sanidade e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). 

Posibilidade de vacinación

No caso de aceptar participar, terá un 50 % de posibilidades de recibir a vacina obxecto de estudo ou non, isto virá determinado polo azar a través dunha plataforma informática. 

Desta forma, poderá comprobarse as diferenzas entre as persoas vacinadas e non vacinadas fronte a un virus que, na maioría dos casos, provoca síntomas leves similares a un arrefriado pero que en adultos de idade avanzada ou persoas con patoloxías crónicas pode causar problemas pulmonares graves.

No caso de ser asignado ao grupo de vacinación procederase á administración da vacina durante esa mesma asistencia sanitaria ou nunha quenda posterior, como prefira o participante. Como acontece con todas as demais vacinas, verificarase que non existan contraindicacións para a vacinación. 

No caso de ser asignado ao grupo que non reciba a vacina, non se realizará ningún procedemento adicional asociado á participación no estudo. 

O estudo non implica acudir a ningún seguimento clínico, xa que se obterá a información necesaria da historia clínica de cada paciente para realizar o seguimento de eficacia e seguridade, polo que non será necesario contactar de novo co participante.

 Vacinación extraordinaria da gripe

Durante esta fin de semana a Xunta convocou a máis de 73.600 persoas maiores de 60 anos para que poidan inmunizarse fronte á gripe nos recintos hospitalarios públicos, nunhas novas xornadas extraordinarias de vacinación organizadas pola Consellería de Sanidade para incrementar os niveis de protección da poboación e na que estas persoas tamén poderán aproveitar para participar, se así o desexan, no ensaio clínico Sincigal. 

Estas xornadas extraordinarias de vacinación realizaranse o sábado en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas nos hospitais comarcais e principais das sete áreas sanitarias. No caso dos hospitais principais, a vacinación prolongarase durante a xornada do domingo, no mesmo horario de mañá e de tarde.

Distrito

PUNTO

Sábado 20

Domingo 21

A CORUÑA

Hospital Universitario da Coruña, 4ª planta, consultas integradas

10-14 h e 16 a 20 h

10-14 h e

16 a 20 h

CEE

Hospital Virxe da Xunqueira, consultas externas

10-14 h e 16 a 20 h


FERROL

Hospital Arquitecto Marcide, laboratorio

10-14 h e 16 a 20 h

10-14 h e

16 a 20 h

BURELA

Hospital da Mariña, punto de vacinación

10-14 h e 16 a 20 h


LUGO

Hospital Lucus Augusti, 4ª planta

10-14 h e 16 a 20 h

10-14 h e

16 a 20 h

MONFORTE

Hospital de Monforte, planta baixa, entrada zona aparcadoiro

10-14 h e 16 a 20 h


O BARCO

Hospital Valdeorras, biblioteca

10-14 h e 16 a 20 h


OURENSE

CHUO, Planta 0, novo edificio de hospitalización

10-14 h e 16 a 20 h

10-14 h e

16 a 20 h

VERÍN

Hospital de Verín, consultas externas

10-14 h e 16 a 20 h


PONTEVEDRA

Hospital de día do Provincial (entrada por Consultas Externas, parte traseira do hospital)

10-14 h e 16 a 20 h

10-14 h e

16 a 20 h

O SALNÉS

Hospital do Salnés, planta 0, hospital de día de adultos

10-14 h e 16 a 20 h


BARBANZA

Hospital de Barbanza, salón de actos

10-14 h e 16 a 20 h


SANTIAGO

Complexo Hospitalario de Santiago, Sala de toma de mostras (planta -3)

10-14 h e 16 a 20 h

10-14 h e

16 a 20 h

VIGO

Hospital Público Álvaro Cunqueiro,
Planta 0, zona docencia

10-14 h e 16 a 20 h

10-14 h e

16 a 20 h


As persoas que formen parte desa franxa de idade da poboación diana recibirán unha mensaxe de texto da Consellería de Sanidade, indicando a marxe horaria e o centro ao que teñen que asistir. 

A día de hoxe xa foron vacinadas da gripe máis de 838.000 persoas, mentres que a porcentaxe dos maiores de 60 anos xa supera o 65 %. 

A comunidade galega está preparada para afrontar esta nova temporada e, desde mediados de novembro, ten operativo o Plan de inverno para anticiparse, previr, planificar e xestionar os recursos que permitan responder aos picos de demanda.