OS MAIORES DE 18 ANOS XA PODEN PARTICIPAR NO ENSAIO CLÍNICO SINCIGAL DA XUNTA, DESTINADO A AVALIAR A EFICACIA EN ADULTOS DA VACINA CONTRA O VRS
A Consellería de Sanidade vén de estender o ensaio clínico SINCIGAL a toda a poboación maior de 18 anos co obxectivo de avaliar a redución de ingresos hospitalarios na poboación galega mediante a vacinación fronte ao virus respiratorio sincitial, VRS.
O estudo, que na súa primeira fase estaba destinado ás persoas maiores de 60 anos, amplíase agora á poboación maior de idade dando prioridade aos grupos de risco, entre os que se inclúen os profesionais dos centros sanitarios por mor do seu maior nivel de exposición a este virus.
Ata o vindeiro 31 de xaneiro estarán activas as unidades de participación en todos os centros de saúde participantes, cotando cunha ampla cobertura territorio.
ÁREA SANITARIA |
PUNTO DE VACINACIÓN |
LOCALIZACIÓN |
HORARIO |
A CORUÑA E CEE |
Hospital Universitario da Coruña |
C. EXTERNAS 4ª PLANTA – SALA 51 |
Luns a venres de 16:00 a 20:00 |
Hospital Virxe da Xunqueira |
C. EXTERNAS – SALA Nº9 – PLANTA BAIXA |
Luns a venres de 16:00 a 20:00 |
|
FERROL |
Hospital Arquitecto Marcide |
C. EXTERNAS – PLANTA 0 |
Luns a xoves de 15:30 a 19:30 |
LUGO, A MARIÑA E MONFORTE DE LEMOS |
Hospital Lucus Augusti |
4ª PLANTA |
Luns, martes e xoves de 15:00 a 19:00; mércores de 9:30 a 13:30 |
Hospital da Mariña |
PUNTO DE VACINACIÓN |
Mércores de 15:00 a 19:00 e venres de 09:30 a 13:30 |
|
Hospital de Monforte de Lemos |
PLANTA BAIXA, ENTRADA ZONA APARCADOIRO, CONSULTAS DE REHABILITACIÓN |
Martes de 09:30 a 13:30 e xoves de 15:00 a 19:00 |
|
OURENSE, VERÍN E O BARCO DE VALDEORRAS |
Complexo Hospitalario de Ourense |
AULA DE INNOVACIÓN |
Luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 |
Cs de Verín |
CS DE VERÍN |
Luns a venres de 10:00 a 14:00 |
|
CS Barco de Valdeorras |
CS BARCO DE VALDEORRAS |
Luns a venres de 10:00 a 14:00 |
|
SANTIAGO E BARBANZA |
Hospital Clínico de Santiago de Compostela |
PUNTO DE ATENCIÓN CONTINUADA – CONSULTA N.º 9 |
Luns a venres 16:00 a 20:00 |
PONTEVEDRA E O SALNÉS |
Hospital Provincial |
CONSULTAS - EXTERNAS HOSPITAL DE DÍA |
Luns a venres de 15:30 a 19:30 |
Hospital do Salnés |
CONSULTAS MEDICINA PREVENTIVA – PLANTA -1 |
Luns a xoves de 15:30 a 19:30 |
|
VIGO |
Hospital Álvaro Cunqueiro |
PLANTA 0 – ZONA DE DOCENCIA |
Luns a venres de 15:30 a 19:30 e xoves 18 de decembro de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 |
Ademais, continúan activas as unidades en todos os centros de saúde participantes, cunha ampla cobertura territorial. Na seguinte ligazón pódese consultar a lista de centros activos en www.sincigal.com ou chamar ao teléfono gratuíto 900 842 217 para información.
A vacina que se está a estudar (Abrysvo®) está autorizada e comercializada, e o ensaio permite avaliar a súa eficacia na vida real para previr hospitalizacións por infección por VRS e complicacións asociadas. Así, a Dirección Xeral de Saúde Pública convida a toda poboación maior de idade a participar neste iniciativa que están a desenvolver a Consellería de Sanidade e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).
Posibilidade de vacinación
No caso de aceptar participar, terá un 50 % de posibilidades de recibir a vacina obxecto de estudo ou non, isto virá determinado polo azar a través dunha plataforma informática.
Desta forma, poderá comprobarse as diferenzas entre as persoas vacinadas e non vacinadas fronte a un virus que, na maioría dos casos, provoca síntomas leves similares a un arrefriado pero que en adultos de idade avanzada ou persoas con patoloxías crónicas pode causar problemas pulmonares graves.
No caso de ser asignado ao grupo de vacinación procederase á administración da vacina durante esa mesma asistencia sanitaria ou nunha quenda posterior, como prefira o participante. Como acontece con todas as demais vacinas, verificarase que non existan contraindicacións para a vacinación.
No caso de ser asignado ao grupo que non reciba a vacina, non se realizará ningún procedemento adicional asociado á participación no estudo.
O estudo non implica acudir a ningún seguimento clínico, xa que se obterá a información necesaria da historia clínica de cada paciente para realizar o seguimento de eficacia e seguridade, polo que non será necesario contactar de novo co participante.
Vacinación extraordinaria da gripe
Durante esta fin de semana a Xunta convocou a máis de 73.600 persoas maiores de 60 anos para que poidan inmunizarse fronte á gripe nos recintos hospitalarios públicos, nunhas novas xornadas extraordinarias de vacinación organizadas pola Consellería de Sanidade para incrementar os niveis de protección da poboación e na que estas persoas tamén poderán aproveitar para participar, se así o desexan, no ensaio clínico Sincigal.
Estas xornadas extraordinarias de vacinación realizaranse o sábado en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas nos hospitais comarcais e principais das sete áreas sanitarias. No caso dos hospitais principais, a vacinación prolongarase durante a xornada do domingo, no mesmo horario de mañá e de tarde.
Distrito |
PUNTO |
Sábado 20 |
Domingo 21 |
A CORUÑA |
Hospital Universitario da Coruña, 4ª planta, consultas integradas |
10-14 h e 16 a 20 h |
10-14 h e 16 a 20 h |
CEE |
Hospital Virxe da Xunqueira, consultas externas |
10-14 h e 16 a 20 h |
|
FERROL |
Hospital Arquitecto Marcide, laboratorio |
10-14 h e 16 a 20 h |
10-14 h e 16 a 20 h |
BURELA |
Hospital da Mariña, punto de vacinación |
10-14 h e 16 a 20 h |
|
LUGO |
Hospital Lucus Augusti, 4ª planta |
10-14 h e 16 a 20 h |
10-14 h e 16 a 20 h |
MONFORTE |
Hospital de Monforte, planta baixa, entrada zona aparcadoiro |
10-14 h e 16 a 20 h |
|
O BARCO |
Hospital Valdeorras, biblioteca |
10-14 h e 16 a 20 h |
|
OURENSE |
CHUO, Planta 0, novo edificio de hospitalización |
10-14 h e 16 a 20 h |
10-14 h e 16 a 20 h |
VERÍN |
Hospital de Verín, consultas externas |
10-14 h e 16 a 20 h |
|
PONTEVEDRA |
Hospital de día do Provincial (entrada por Consultas Externas, parte traseira do hospital) |
10-14 h e 16 a 20 h |
10-14 h e 16 a 20 h |
O SALNÉS |
Hospital do Salnés, planta 0, hospital de día de adultos |
10-14 h e 16 a 20 h |
|
BARBANZA |
Hospital de Barbanza, salón de actos |
10-14 h e 16 a 20 h |
|
SANTIAGO |
Complexo Hospitalario de Santiago, Sala de toma de mostras (planta -3) |
10-14 h e 16 a 20 h |
10-14 h e 16 a 20 h |
VIGO |
Hospital
Público Álvaro Cunqueiro, |
10-14 h e 16 a 20 h |
10-14 h e 16 a 20 h |
As persoas que formen parte desa franxa de idade da poboación diana recibirán unha mensaxe de texto da Consellería de Sanidade, indicando a marxe horaria e o centro ao que teñen que asistir.
A día de hoxe xa foron vacinadas da gripe máis de 838.000 persoas, mentres que a porcentaxe dos maiores de 60 anos xa supera o 65 %.
A comunidade galega está preparada para afrontar esta nova temporada e, desde mediados de novembro, ten operativo o Plan de inverno para anticiparse, previr, planificar e xestionar os recursos que permitan responder aos picos de demanda.