Ir o contido principal

Casa Nido As Nogais

Breve descripción do recurso/activo
Recurso de atención á infancia de cero a tres anos adaptado ás características dos concellos do ámbito rural de Galicia nos que, pola súa escaseza de poboación, non resultan viables os modelos tradicionais de servizos de atención á primeira infancia. Este servizo é prestado por medio de profesionais autónomos ou cooperativas de traballo asociado.
Ofrecen unha atención integral e personalizada a un máximo de cinco nenos e nenas en idades comprendidas entre os tres meses e os tres anos de idade.
Esta atención, organizada baixo criterios de flexibilidade, combina os tempos destinados ás rutinas do soño, da comida, da hixiene propia con outros destinados a actividades específicas segundo as características dos nenos e das nenas, de maneira que ambos se complementen e sirvan para afianzar todas as aprendizaxes que fan posible o desenvolvemento integral e harmónico dos nenos e das nenas nos distintos planos físico, motor, emocional, afectivo, social e cognitivo, en estreita colaboración coas familias.
O servizo desenvólvese con carácter gratuíto na modalidade de atención diúrna de luns a venres durante todo o ano, excepto os días festivos e un mes de cada doce no que casa niño permanecerá pechada por vacacións. As familias poden levar aos nenos un máximo de oito horas diarias nun horario flexible que se pactará co/coa profesional que desenvolve o proxecto.
A atención prestada comprende tamén o servizo de cociña que consiste na preparación final dos alimentos elaborados previamente polas familias e achegados diariamente a casa niño para o seu consumo no momento do comedor.
Área temática
Actividade física/sedentarismo
Alimentación
Benestar emocional
Embarazo, puerperio e lactación
Parentalidade positiva
Grupo de idade
Infancia: 0-5 anos
Tipo de recurso
Recursos de organizacións
Accesibilidade
Física
Acceso
Aparcadoiro
Peonil
  • Tipo de titularidade
    Comunidade autónoma
  • Gratuito
    si non
  • Titular do recurso
    Consellería de Política Social e Igualdade
  • Teléfono de contacto
    662172857
  • Email do recurso
    begofresni@hotmail.com
  • Redes sociais
    -
  • Comunidade Autónoma
    Galicia
  • Provincia
    Lugo
  • Municipio
    As Nogais
  • Tipo de vía
    Rúa
  • Enderezo
    Rúa Amparo do Río, 2 Castelo Noceda
  • Código postal
    27677
  • Información adicional (Observacións)
    -
Promove o desenvolvemento integral dos nenos e das nenas nos distintos ámbitos físico, motor, emocional, afectivo, social e cognitivo, en colaboración coas familias.