CPR Plurilingüe Divina Pastora (Colexio Salesianos) de Lugo
Breve descrición do recurso/activo
O Colexio “Divina Pastora” é un centro privado concertado. Actualmente impártese Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria en réxime de Concerto. A acción educativa compleméntase cunha ampla oferta de actividades complementarias, extraescolares, deportivas e de tempo libre. A educación deportiva e de tempo libre lévase a cabo desde o Club deportivo e desde o Centro Xuvenil Salesiano “Ateibo”, que conta con instalacións e animadores que levan a cabo un valioso e completo proxecto de actividades de tempo libre fóra do horario escolar, durante a fin de semana e durante o verán e os tempos de vacacións a través dos campamentos das chamadas “Mañás de…” Nadal, verán… que pretenden axudar ás familias a conciliar a vida familiar e o traballo.
O seu titular é a Congregación Salesiana, popularmente coñecida como “Salesianos”. Foi fundado polas Nais Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor. No curso 1988-89 pasou aos Salesianos. Como servizos complementarios destaca a gardería (desde unha hora e media antes de iniciar as clases da mañá), comedor e seguro de accidentes.
O seu titular é a Congregación Salesiana, popularmente coñecida como “Salesianos”. Foi fundado polas Nais Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor. No curso 1988-89 pasou aos Salesianos. Como servizos complementarios destaca a gardería (desde unha hora e media antes de iniciar as clases da mañá), comedor e seguro de accidentes.
Área temática
Actividade física/sedentarismo
Benestar emocional
Cultura e ocio
Alimentación
Educación para a saúde
Parentalidade positiva
Inclusión social
Benestar emocional
Persoas con discapacidade
Grupo de idade
Infancia: 0-5 anos
Infancia: 6-11 anos
Adolescentes (12-17 anos)
Tipo de recurso
Recursos de organizacións
Accesibilidade
Física
Acceso
Peonil
Aparcadoiro
Transporte público
-
Tipo de titularidadeComunidade autónoma
-
Gratuítosi non
-
Titular do recursoConsellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
-
Teléfono de contacto982214957
-
Email do recursocolegio@salesianoslugo.es
-
Web do recurso
-
Comunidade AutónomaGalicia
-
ProvinciaLugo
-
MunicipioLugo
-
Tipo de víaPraza
-
EnderezoPraza da Milagrosa, 10, Lugo
-
Código postal27003
-
Información adicional (Observacións)Entre as súas últimas actividades organizadas:
- Webinar online para familias (protexer sen sobreprotexer).
- Escola de pais (hábitos e técnicas de estudo).
- Actividade do bocadillo solidario.
- Charla para familias sobre Saúde Mental e NNTT (Novas Tecnoloxías).
Permite o desenvolvemento da infancia en tódalas áreas: social, educativa...