Paseo A Insua de Seivane
Breve descripción do recurso/activo
Roteiro circular de apenas 2 km de percorrido. Abrazada polo río Miño en todo o seu perímetro, poderemos acceder ao interior da ínsua de Seivane a través dunha atractiva pasarela colgante que nos permitirá camiñar milagrosamente sobre as augas.
Nada máis cruzar a ponte atoparémonos cunha área recreativa, merendero e un refuxio de pescadores. O paseo discorre por unha senda que rodea toda a insua, polo que non ten perda, camiñando sempre pola ribeira do río baixo un denso bosque autóctono de carballos, freixos, salgueiros e acivros.
É un espazo natural protexido de alto valor ecolóxico e ambiental, que forma parte da zona núcleo de Reserva da Biosfera Terras do Miño e da Zona Especial de Conservación (ZEC) Parga-Ladra-Támoga.

Área temática
Actividade física/sedentarismo
Benestar emocional
Cultura e ocio
Envellecemento activo
Grupo de idade
Poboación xeral
Tipo de recurso
Recursos físicos dunha área
Accesibilidade
Física
Acceso
Aparcadoiro
Peonil
-
Tipo de titularidadeConcello / mancomunidade
-
Gratuitosi non
-
Titular do recursoConcello de Outeiro de Rei
-
Teléfono de contacto982393281
-
Email do recursocorreo@concellodeouteiroderei.org
-
Web do recurso
-
Comunidade AutónomaGalicia
-
ProvinciaLugo
-
MunicipioOuteiro de Rei
-
Tipo de víaPaseo
-
EnderezoSeivane, S/N, Outeiro de Rei
-
Código postal27155
-
Información adicional (Observacións)-
Fomenta a práctica de actividade física na natureza por parte da poboación.