Roteiro Torrente- Salgueiro
Breve descrición do recurso/activo
Partindo de Mugueimes, capitalidade do concello, principiamos o noso percorrido na Reitoral de San Pedro, onde iniciamos a ascensión ata a ermida da Clamadoira, onde podemos contemplar unha fermosa panorámica do encoro de As Cunchas. Ao pé da ermida existe un carballo bicentenario que, segundo conta a tradición popular, esconde un tesouro entre as súas raíces. Conta Vicente Risco que neste templo de devoción mariana celebrábase unha popular romaría no lugar no que se convocaba á loita contra os mouros.
Podemos seguir o noso camiño polo monte "do Chairo", ata chegar ao núcleo de Prado. Á saída cruzamos o río Salgas por unha ponte de pedra, e continuamos monte arriba ata chegar a Salgueiro. Para poder acceder ao poboado hai que solicitar permiso ao Parque Natural Baixa Limia-Xurés, xa que aquí é onde se atopa o centro de adaptación da cabra montés e do cabalo garrano.

Área temática
Actividade física/sedentarismo
Natureza e contorna ambiental
Grupo de idade
Adolescentes (12-17 anos)
Persoas mozas (18-29 anos)
Persoas adultas (30-64)
Maiores de 64 anos
Tipo de recurso
Recursos físicos dunha área
Accesibilidade
Física
Acceso
Peonil
-
Tipo de titularidadeConcello / mancomunidade
-
Gratuítosi non
-
Titular do recursoConcello de Muíños
-
Teléfono de contacto639030034
-
Email do recursoturmuinos@gmail.com
-
Web do recurso
-
Comunidade AutónomaGalicia
-
ProvinciaOurense
-
MunicipioMuíños
-
Tipo de víaAldea
-
EnderezoMugueimes
-
Código postal32880
-
Información adicional (Observacións)Inicio: Mugueimes
Fin: Salgueiro
Itinerario: 12 quilómetros.
Duración aproximada: 6 horas
Dificultade: Media-Alta