Atopa saúde
Atopa saúde é o mapa de activos para a saúde de Galicia. Trátase dunha ferramenta xestionada pola Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) que tenta visibilizar os recursos e as actividades existentes nos distintos municipios galegos, así como potenciar a capacidade de actuación das persoas sobre a súa propia saúde para manter a calidade de vida e o benestar. Ademais, Atopa saúde tamén pretende crear unha ligazón entre os centros sanitarios e os concellos galegos para promover a prescrición social e facilitar o acceso ás estratexias comunitarias, co fin de adoptar estilos de vida saudables e así mellorar a saúde da poboación.
Amosando 4911 - 4913 de 4913 recursos atopados
| Nome | Tipo | Grupo de idade | Área temática | Provincia | Municipio | Titular do recurso |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Asociación de Veciños da Insua | Recursos de asociacións | Poboación xeral | Actividade física/sedentarismo, Benestar emocional, Cultura e ocio | Pontevedra | Ponte Caldelas | Xunta directiva da asociación |
| CD San Mamede | Recursos de asociacións | Persoas mozas (18-29 anos), Persoas adultas (30-64) | Actividade física/sedentarismo, Benestar emocional, Cultura e ocio | A Coruña | Vedra | President@ do cub de fútbol |
| U.D. Val do Ulla | Recursos de asociacións | Persoas mozas (18-29 anos), Persoas adultas (30-64) | Actividade física/sedentarismo, Benestar emocional, Cultura e ocio | A Coruña | Vedra | President@ do cub de fútbol |