Ir o contido principal

Campaña de vacinación fronte á COVID

Información actualizada diariamente. Última actualización:
22/11/2024

 

Desde a tempada 2021-2022, a Consellería de Sanidade organiza unha campaña de vacinación conxunta contra a gripe e a COVID-19, dirixida principalmente aos grupos de poboación con maior risco de sufrir complicacións, así como a aquelas persoas que poden transmitir estas enfermidades a individuos en situación de alto risco.

O Observatorio de Saúde Pública de Galicia publica periodicamente información sobre a evolución das coberturas vacinais durante esta campaña, centrada nos diferentes grupos de poboación diana.

402955

Número total de persoas vacinadas da COVID

53,13

Porcentaxe de poboación de 65 ou máis anos vacinada fronte á COVID

29,57

Porcentaxe de persoal sanitario vacinado fronte á COVID

2,67

Porcentaxe de mulleres embarazadas vacinadas fronte á COVID