Campaña de vacinación fronte á gripe
Información actualizada diariamente. Última actualización:
22/11/2024
A gripe é unha enfermidade transmisible e previsible que pode evolucionar dende leve a grave e que especialmente, en persoas de risco, pode resultar incluso mortal. Por iso, a Consellería de Sanidade, realiza a campaña de vacinación antigripal cada outono desde 1991 a través da Dirección Xeral de Saúde Pública e do Servizo Galego de Saúde.
Cada ano establécense as recomendacións da vacinación fronte á gripe naqueles grupos de poboación con maior risco de complicacións no caso de infección e tamén naquelas persoas que podan transmitir a enfermidade a outras con alto risco de complicacións.
Desde o Observatorio de Saúde Pública de Galicia ofrecerase información periódica sobre evolución da campaña actual de vacinación antigripal coa publicación das coberturas vacinais conseguidas ata o día anterior.
Para ter máis información, pode consultar a páxina web da campaña: gripe.sergas.gal.
Número total de persoas vacinadas da gripe
Porcentaxe de poboación de 60 ou máis anos vacinada fronte á gripe
Porcentaxe de poboación de 65 ou máis anos vacinada fronte á gripe
Porcentaxe de mulleres embarazadas vacinadas fronte á gripe
Porcentaxe de persoal sanitario vacinado fronte á gripe
Porcentaxe de poboación entre 6 e 59 meses vacinada fronte á gripe
Coberturas actuais segundo o grupo poboacional
Para ver información máis detallada da campaña de vacinación, acceda ao indicador correspondente que se actualiza diariamente. A cobertura vacinal refírese á porcentaxe de persoas dunha poboación ou grupo poboacional que recibiron a vacina ao longo da campaña de vacinación.