Metodoloxía: Sistema de información sobre condutas de risco (SICRI)
Sistema de información sobre condutas de risco (SICRI)
- Nome: Sistema de información sobre condutas de risco (SICRI).
- Periodicidade: Anual dende 2005 (agás nos anos 2008, 2012, 2013 e 2020). Nos anos 2009 e 2019 realizouse un monográfico sobre condutas sexuais, e no ano 2016, un monográfico sobre saúde materno-infantil.
- Responsable: Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP). Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia.
- Ámbito xeográfico: Galicia.
- Ámbito poboacional: O universo está composto polas persoas de 16 anos ou máis que residen en Galicia.
- Ámbito temporal: Os periodos de recollida da información de cada unha das edicións foron os seguintes:
- 2018: outubro a decembro de 2018
- 2017: xaneiro a decembro de 2017
- 2016: novembro de 2016 a xaneiro de 2017
- 2015: xaneiro a decembro de 2015
- 2014: xaneiro a decembro de 2014
- 2011: febreiro a decembro de 2011
- 2010: xaneiro a marzo de 2010
- 2007: xullo, novembro e decembro de 2007
- 2006: decembro de 2006 a marzo de 2007
- 2005: novembro de 2004 a xaneiro de 2005
- Marco da mostraxe: O marco empregado para a selección da mostra é a base de datos de Tarxeta Sanitaria. Como a enquisa é telefónica, o marco da mostraxe redúcese ao listado de persoas con 16 anos e máis que teñen teléfono na base de Tarxeta Sanitaria.
- Procedemento da mostraxe: O tipo de mostraxe é aleatorio estratificado.
As unidades da mostraxe e análise son as persoas de 16 anos e máis que teñen teléfono na base de Tarxeta Sanitaria. Esta poboación estratifícase en función do sexo e do grupo de idade (16-24, 25-44, 45-64 e 65 e máis). - Tamaño da mostra: Os tamaños mostrais de cada unha das edicións foron os seguintes:
- 2018: 7.853
- 2017: 7.841
- 2016: 6.436
- 2015: 7.908
- 2014: 7.874
- 2011: 7.844
- 2010: 7.845
- 2007: 7.840
- 2006: 7.841
- 2005: 6.492
- Método de recollida da información: Entrevista telefónica asistida por ordenador.
- Cuestionario: Emprégase un cuestionario estandarizado e anónimo.
O cuestionario está dispoñible en galego.
O cuestionario recolle información sobre variables sociodemográficas, consumo de substancias psicoactivas e adiccións comportamentais, e outros comportamentos e estilos de vida relacionados coa saúde (consumo de bebidas azucradas, etiquetas nutricionais, enfermidades crónicas, VIH/sida, doazón de sangue).