Mortalidade por tumores no ano 2021
O Rexistro Galego de Tumores (REGAT) é un rexistro de base poboacional que identifica e rexistra, de forma exhaustiva e continuada, os novos tumores diagnosticados na poboación residente en Galicia desde o ano 2010.
A continuación preséntanse os datos sobre a Mortalidade por tumores en Galicia, correspondentes ao último informe consolidado do Rexistro Galego de Tumores, que reflicte a mortalidade rexistrada no ano 2021.
Os datos de mortalidade proceden do Rexistro Galego de Mortalidade. A poboación residente en Galicia, desagregada por sexo e grupo de idade, obtívose do Instituto Galego de Estatística (Padrón Municipal de Habitantes).
Mortalidade por tumores, por grupo de idade e sexo
A continuación preséntanse os datos de frecuencia de defuncións e taxas de mortalidade global por tumores tumores, agás os de pel non melanoma, rexistrados en Galicia no ano 2021, desagregados por localización, sexo e idade.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Espazo | Sexo | Tumor | Grupo idade | Total |
---|---|---|---|---|---|---|
2021 | Comunidade | Galicia | Homes | Todos, excepto de pel non melanoma | Total | 4.923 |
2021 | Comunidade | Galicia | Mulleres | Todos, excepto de pel non melanoma | Total | 3.105 |
2021 | Comunidade | Galicia | Total | Todos, excepto de pel non melanoma | Total | 8.028 |
A taxa específica por idade representa o número de defuncións por tumores incidentes rexistradas para un determinado grupo de idade, expresada por cada 100.000 persoas pertencentes a ese grupo de idade.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Espazo | Sexo | Tumor | Grupo idade | Taxa bruta [x100000 habs.] |
---|---|---|---|---|---|---|
2021 | Comunidade | Galicia | Homes | Todos, excepto de pel non melanoma | Total | 379,50 |
2021 | Comunidade | Galicia | Mulleres | Todos, excepto de pel non melanoma | Total | 222,00 |
2021 | Comunidade | Galicia | Total | Todos, excepto de pel non melanoma | Total | 297,80 |
A taxa bruta de mortalidade por tumores, excluíndo os tumores de pel non melanoma, refírese ao número total de defuncións causadas por tumores en Galicia no ano 2021, expresada por cada 100.000 habitantes.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Espazo | Sexo | Tumor | Taxa axustada (Pob. europea)[x100000] | Taxa axustada (Pob. mundial)[x100000] |
---|---|---|---|---|---|---|
2021 | Comunidade | Galicia | Homes | Todos, excepto de pel non melanoma | 315,10 | 122,60 |
2021 | Comunidade | Galicia | Mulleres | Todos, excepto de pel non melanoma | 145,20 | 60,00 |
2021 | Comunidade | Galicia | Total | Todos, excepto de pel non melanoma | 218,20 | 88,20 |
A taxa axustada de mortalidade estima o número de defuncións por tumores rexistradas en Galicia en 2021, por cada 100.000 habitantes. Axústase polo método directo, tomando como referencia a poboación estándar mundial ou europea (2013), a partir das taxas específicas por grupos de idade quinquenais.
Mortalidade por tumores, por tipo tumoral e sexo
Finalmente, preséntanse os datos sobre o frecuencia de defuncións por tumores rexistrados en Galicia durante o ano 2021, desagregando polo tipo tumoral e por sexo.
Indicadores ampliados
Para máis información, pódese consultar o último informe anual do Rexistro Galego de Tumores ou os datos dos indicadores ampliados publicados neste Observatorio, que mostran a evolución da mortalidade de cada tipo tumoral nos últimos anos.