A XUNTA ADXUDICA POR MÁIS DE 1,6 M€ A SUBMINISTRACIÓN DE MÁIS DUN MILLÓN DE AUTOTEST DE ANÁLISE DE SANGUE OCULTO PARA O CRIBADO DE CANCRO DE COLON
A empresa seleccionada é Palex Medical S.A.U., que deberá entregar 1.050.000 unidades de tubos colectores coas súas correspondentes instrucións de uso, que se prevén utilizar ata 2029; tamén autoanalizadores nos distintos centros analizadores das mostras, polo menos un por área sanitaria.
Igualmente adquírense todos os reactivos, controis, calibradores, cubetas e calquera outro material necesario para a realización dos test. Este é o material e equipamento necesario para remitir os kits aos domicilios da poboación diana do cribado, que son persoas de 50 a 69 anos.
Coincidindo co Día mundial contra o cancro de colon, que se conmemora hoxe, a Xunta fai un chamamento á participación que cada ano vai en aumento e que en 2024 alcanzou o 56,5 % (un 58,68 % en mulleres e un 50,24 %).
Aínda que a participación é superior á media nacional, a Consellería de Sanidade anima a participar no cribado a través dunha proba non invasiva.
Segundo o informe de situación e resultados 2013-2024 do programa galego de detección precoz do cancro colorrectal da Consellería de Sanidade, este cribado permitiu detectar máis de 2.933 cancros invasivos, a maioría en fases iniciais con mellor prognóstico.