Ir o contido principal

​A XUNTA LICITA POR MÁIS DE 24.000 EUROS A COMPRA DE 22 PULSIOXÍMETROS PARA O PROGRAMA GALEGO DE CRIBADO NEONATAL DE CARDIOPATÍAS CONXÉNITAS CRÍTICAS

Imaxe
Portal_de_contratos_20251021173205.png


A Xunta publica, no Portal de Contratos Públicos de Galicia, por medio da Consellería de Sanidade, a contratación, por un importe de 24.357 euros, de 22 pulsioxímetros para o Programa galego de cribado neonatal de cardiopatías conxénitas críticas, no Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea.

Os pulsioxímetros son dispositivos médicos non invasivos que miden a saturación de osíxeno no sangue así como a frecuencia cardíaca.

O cribado de patoloxías conxénitas críticas forma parte do Programa galego para a detección precoz de enfermidades xenéticas, endocrinas e metabólicas, co obxectivo de mellorar o prognóstico e a calidade de vida dos recén nados.

Secundariamente, tamén permite identificar hipoxemias (nivel baixo de osíxeno en sangue) que se produzan por outros motivos que igualmente poden ser graves: problemas respiratorios, hipertensión pulmonar, sepse, etc. 

As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o 4 de novembro para presentar as súas ofertas.