Ir o contido principal

PARTÍCULAS (PM10 e PM 2,5)

Indicador

Calidade ambiental do aire, a través da avaliación dos datos de partículas en suspensión (PM10 e PM2,5).

As partículas en suspensión (ou material particulado) son una mestura de partículas (sólidas ou líquidas, orgánicas ou inorgánicas) suspendidas no aire, coñecidas como aerosois, con ampla gama de tamaño e composición química.

Como se miden?

O Real Decreto 39/2017 establece que o método de referencia para a toma de mostras e a medición de PM10 e PM2,5 é o que se describe na norma UNE-EN 12341:2015 “Aire ambiente. Método de medición gravimétrico normalizado para a determinación da concentración másica de PM10 ou PM2,5 da materia particulada en suspención”.

Para empregar sistemas automáticos de medida, que proporcionan datos a tempo real, é necesario establecer a función de corrección respecto ao método de referencia. Isto realízase seguindo as indicacións da “Guía para os Estados Membros sobre medidas de PM10 e intercomparación co método de referencia” e as indicacións da Norma UNE-EN 16450:2017 “Aire ambiente: sistemas automáticos de medida para a medición da concentración de materia particulada (PM10 e PM2,5)”. 

Ámbito poboacional

Galicia

Niveis de desagregación

A rede de vixilancia ambiental do aire ten definidas determinadas zonas xeográficas para cada contaminante. No caso das partículas en suspensión (PM10 e PM 2,5), a zonificación do territorio galego se corresponde coas zonas de Lugo, Ourense, Pontevedra, A Mariña, Arteixo, A Coruña+área metropolitana, Santiago+ área metropolitana, Vigo+ área metropolitana, Ferrol+ área metropolitana, Oural, A Limia e Nova Galicia Rural. 

9 destas 12 zonas coinciden con áreas metropolitanas e a décima “Nova Galicia Rural” representa ao resto de concellos. 

Limiares

PM2,5

A continuación amósase a categorización da concentración de partículas no aire en función dos rangos de valores (µg/m3):

  • por debaixo do limiar inferior de avaliación: ≤12;
  • entre o limiar inferior e o limiar superior de avaliación: 13-17;
  • entre o limiar superior de avaliación e o valor límite: 18-25;
  • por riba do valor límite: >25.
 

PM10

A continuación amósase a categorización da concentración de partículas no aire en función dos rangos de valores (µg/m3):

  • por debaixo do limiar inferior de avaliación: ≤20;
  • entre o limiar inferior e o limiar superior de avaliación: 21-28;
  • entre o limiar superior de avaliación e o valor límite: 29-40;
  • por riba do valor límite: >40.