Ir o contido principal

Avaliación do impacto en saúde. Implantación en Galicia

ID
2353
Ano
2014
Formato
Idiomas
Galego
Autor/es
Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Servizo de Sanidade Ambiental
Colección
E: Análise/Estudos
Resumo
A OMS define a avaliación de impacto en saúde (AIS) coma unha combinación de procedementos, métodos e ferramentas polas cales unha política, un programa ou un proxecto pode ser avaliado en función dos seus potenciais efectos sobre a saúde da poboación e da distribución destes na dita poboación. O obxectivo xeral da AIS é ofrecerlles información aos que toman as decisións sobre as implicacións en saúde que teñen as políticas que se van establecer tendo en conta valores como a democracia, a equidade, o desenvolvemento sostible e o uso ético da evidencia. En outubro de 2012 impartiuse en Santiago de Compostela o curso Introdución á Avaliación do Impacto en Saúde que tivo unha parte non presencial que se desenvolveu en liña e cuxos resultados se presentan neste informe.