Ir o contido principal

Guía de axuda para programar os menús escolares (publicación electrónica)

ID
2392
Ano
2015
Formato
Idiomas
Galego
Colección
Guías. D. Nº 26
Resumo
A escola considérase unha área estratéxica clave para fomentar e consolidar habilidades en todos os ámbitos do desenvolvemento e do autocoidado da saúde, orientando os escolares a acadar hábitos saudables dende etapas precoces da vida. Considerouse necesario a elaboración dunha guía cuxo obxectivo é contribuir a mellora e calidade nutricional dos menús escolares ofertados nos centros educativos. Pretende ser un instrumento de apoio para os responsables do menú escolar. Nel menciónanse consellos, suxestións prácticas, ideas e fotografías de pratos, racións e menús completos para dirixir a oferta alimentaria do menú cara a acadar programacións cunha calidade nutricional óptima, de acordo coas recomendacións actuais das sociedades científicas para a alimentación nestas etapas da vida.