Ir o contido principal

Informe técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia 2011 (publicación electrónica)

ID
2224
Ano
2012
Formato
Idiomas
Galego
Colección
Informes
Resumo
O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1993,. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidad y Consumo, desde o ano 1988. Na nosa comunidade autónoma a tempada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, se ben a primeira recollida de mostras realízase na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final de tempada téñense os controis que son os necesarios para clasificar sanitariamente as zonas de baño. Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real Decreto 1341/2007, de 11 de octubre, sobre la gestión de la calidad de las aguas de baño). Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o Informe Técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia. A publicación en formato electrónico diferénciase en dous apartados: o informe e os anexos. No anexo II móstrase unha ficha de cada zona de baño incluida no programa no que se poden consultar os datos da calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño, a estatística microbiolóxica da cada punto de mostraxe e a clasificación sanitaria final de cada unha.