Ir o contido principal

Informe técnico do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia 2018 (publicación electrónica)

ID
2744
Ano
2019
Formato
Idiomas
Galego
Colección
F: Información de resultados de programas, proxectos ou plans
Resumo
O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Este programa lévano a cabo todas as comunidades autónomas, coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo (hoxe Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar) desde o ano 1998. Na nosa comunidade autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro, ben que a primeira recolla de mostras se realiza na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da temporada téñense, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.