Ir o contido principal

Menús saudables ricos en fibra (publicación electrónica)

ID
2249
Ano
2013
Formato
Idiomas
Galego
Colección
Guías
Resumo
A Dirección xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública procura a modificación dos patróns alimentarios e de actividade física da poboación xeral e de grupos específicos en particular. Parece existir consenso ao afirmar que as poboacións con dieta rica en vexetais e froitas e dieta baixa en grasas animais, carnes roxas e/ou calorías, presentan menos risco de padecer algúns dos máis frecuentes tipos de cancro. A fibra é un componente esencial dentro dunha dieta saudable, a inxestión diaria de fibra proporciona moitos efectos beneficiosos no organismo, contribúe ao mantemento da saúde e prevén a aparición de distintas enfermidades. Nesta publicación proponse 20 menús que inclúen pratos ricos en fibra que poden axudar a cubrir a recomendación diaria.