Ir o contido principal

Plan para a prevención da obesidade infantil en Galicia. Prioridade universal e solucións particulares. Plan Xermola (publicación electrónica)

ID
2335
Ano
2014
Formato
Idiomas
Galego
Colección
C. Plans Nº 3
Resumo
A obesidade é unha enfermidade crónica cunha elevada prevalencia no noso medio. A súa orixe é multifactorial e está determinada pola interacción de numerosos factores que actúan a través de mediadores fisiolóxicos de inxestión e gasto de enerxía. O exceso de peso é hoxe o terceiro factor de risco para todas as causas de morte e discapacidade, despois do tabaco e a hipertensión arterial. Constitúe, ademais, un factor de risco para o desenvolvemento doutras enfermidades crónicas, polo que hoxe en día, e dada a súa prevalencia, constitúe un problema de saúde pública de alcance mundial. Con este documento técnico se pretende sentar as bases e definir as estratexias e liñas de acción que permitan levar a cabo intervencións tendentes a diminuir a prevalencia da obesidade infantil en Galicia