Calidade ambiental do aire
Calidade ambiental do aire
- Nome : Calidade ambiental do aire
Definición: Calidade ambiental do aire, a través da avaliación dos datos de partículas en suspensión (PM10 e PM2,5).
As partículas en suspensión (ou material particulado) son una mestura de partículas (sólidas ou líquidas, orgánicas ou inorgánicas) suspendidas no aire, coñecidas como aerosois, con ampla gama de tamaño e composición química.
Cómo se miden?: O Real Decreto 39/2017 establece que o método de referencia para a toma de mostras e a medición de PM10 e PM2,5 é o que se describe na norma UNE-EN 12341:2015 "Aire ambiente. Método de medición gravimétrico normalizado para a determinación da concentración másica de PM10 ou PM2,5 da materia particulada en suspención".
Para empregar sistemas automáticos de medida, que proporcionan datos a tempo real, é necesario establecer a función de corrección respecto ao método de referencia. Isto realízase seguindo as indicacións da "Guía para os Estados Membros sobre medidas de PM10 e intercomparación co método de referencia" e as indicacións da Norma UNE-EN 16450:2017 "Aire ambiente: sistemas automáticos de medida para a medición da concentración de materia particulada (PM10 e PM2,5)".
Nivéis de desagregación: A rede de vixilancia ambiental do aire ten definidas determinadas zonas xeográficas para cada contaminante. No caso das partículas en suspensión (PM10 e PM 2,5), a zonificación do territorio galego se corresponde coas zonas de Lugo, Ourense, Pontevedra, A Mariña, Arteixo, A Coruña+área metropolitana, Santiago+ área metropolitana, Vigo+ área metropolitana, Ferrol+ área metropolitana, Oural, A Limia e Nova Galicia Rural.
9 destas 12 zonas coinciden con áreas metropolitanas e a décima “Nova Galicia Rural” representa ao resto de concellos.
Limiares:
PM2,5
A continuación amósase a categorización da concentración de partículas no aire en función dos rangos de valores (µg/m3):
- por debaixo do limiar inferior de avaliación: ≤12;
- entre o limiar inferior e o limiar superior de avaliación: 13-17;
- entre o limiar superior de avaliación e o valor límite: 18-25;
- por riba do valor límite: >25.
PM10
A continuación amósase a categorización da concentración de partículas no aire en función dos rangos de valores (µg/m3):
- por debaixo do limiar inferior de avaliación: ≤20;
- entre o limiar inferior e o limiar superior de avaliación: 21-28;
- entre o limiar superior de avaliación e o valor límite: 29-40;
- por riba do valor límite: >40;
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | PM10 Media Anual (µg/m3) | PM2,5 Media Anual (µg/m3) |
---|---|---|---|---|---|
2022 | Concello | 36051 | Sanxenxo | 18,00 | 9,90 |
2022 | Concello | 36052 | Silleda | 18,00 | 9,90 |
2022 | Concello | 36053 | Soutomaior | 18,00 | 9,90 |
2022 | Concello | 36054 | Tomiño | 18,00 | 9,90 |
2022 | Concello | 36055 | Tui | 18,00 | 9,90 |
2022 | Concello | 36056 | Valga | 18,00 | 9,90 |
2022 | Concello | 36057 | Vigo | 27,00 | 17,00 |
2022 | Concello | 36058 | Vilaboa | 18,00 | 9,90 |
2022 | Concello | 36059 | Vila de Cruces | 18,00 | 9,90 |
2022 | Concello | 36060 | Vilagarcía de Arousa | 18,00 | 9,90 |
2022 | Concello | 36061 | Vilanova de Arousa | 18,00 | 9,90 |
2022 | Concello | 36901 | A Illa de Arousa | 18,00 | 9,90 |
2022 | Concello | 36902 | Cerdedo-Cotobade | 18,00 | 9,90 |