Cobertura da primeira dose da varicela (VVZ)
A vacina fronte á varicela (VVZ) é unha vacina de uso en poboación infantil (formando parte do calendario de vacinación sistemática) e de poboación adulta (con dúas doses en determinadas situacións de risco). Na poboación infantil adminístranse 2 doses: aos 15 meses e aos 3 anos. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.
No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte á varicela (VVZ) mediante o cálculo da porcentaxe de nenas e nenos que recibiron a primeira dose de recordo, correspondente á vacina dos 15 meses. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 1 dose desta vacina e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Enfermidade (Antígeno) | Dose | Cohorte | Porcentaxe |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2022 | Comunidade | 12 | Galicia | Varicela (SRP) | Dose 1 | 2.020 | 100,00 |
2021 | Comunidade | 12 | Galicia | Varicela (SRP) | Dose 1 | 2.019 | 100,00 |
2020 | Comunidade | 12 | Galicia | Varicela (SRP) | Dose 1 | 2.018 | 92,00 |
2019 | Comunidade | 12 | Galicia | Varicela (SRP) | Dose 1 | 2.017 | 99,90 |
2018 | Comunidade | 12 | Galicia | Varicela (SRP) | Dose 1 | 2.016 | 102,10 |
2017 | Comunidade | 12 | Galicia | Varicela (SRP) | Dose 1 | 2.015 | 93,00 |
2016 | Comunidade | 12 | Galicia | Varicela (SRP) | Dose 1 | 2.014 | 35,80 |