Ir o contido principal

Cobertura da primovacinación de meningococo B

A estratexia de vacinación fronte a enfermidade meningocócica consta da administracións de dúas vacinas: a vacina fronte aos serotipos A, C, W e Y (Men ACWY) que consta dunha primeira dose aos 4 meses e dúas doses de recordo aos 12 meses e aos 12 anos; e a vacina fronte ao serotipo B (MenB), con dúas doses de inicio aos 2 e 4 meses e unha dose de recordo aos 12 meses. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.

No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte ao serotipo B da enfermidade meningocócica mediante o cálculo da porcentaxe de nenas e nenos que recibiron alomenos 2 doses. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 2 doses desta vacina e no denominador incluiranse todos os adolescentes da mesma cohorte de nacemento.

Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Enfermidade (Antígeno) Dose Cohorte Porcentaxe
2022 Comunidade 12 Galicia Meningite meningocócica (Men B) 2 doses ou mais 2.020 88,70
2021 Comunidade 12 Galicia Meningite meningocócica (Men B) 2 doses ou mais 2.019 84,20
2020 Comunidade 12 Galicia Meningite meningocócica (Men B) 2 doses ou mais 2.018 82,30
2019 Comunidade 12 Galicia Meningite meningocócica (Men B) 2 doses ou mais 2.017 78,80
2018 Comunidade 12 Galicia Meningite meningocócica (Men B) 2 doses ou mais 2.016 73,20
2017 Comunidade 12 Galicia Meningite meningocócica (Men B) 2 doses ou mais 2.015 63,30
2016 Comunidade 12 Galicia Meningite meningocócica (Men B) 2 doses ou mais 2.014 35,40