Cobertura da primovacinación de meningococo C
A estratexia de vacinación fronte a enfermidade meningocócica consta da administracións de dúas vacinas: a vacina fronte aos serotipos A, C, W e Y (Men ACWY) que consta dunha primeira dose aos 4 meses e dúas doses de recordo aos 12 meses e aos 12 anos; e a vacina fronte ao serotipo B (MenB), con dúas doses de inicio aos 2 e 4 meses e unha dose de recordo aos 12 meses. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.
No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte ao serotipo C da enfermidade meningocócica mediante o cálculo da porcentaxe de nenas e nenos que recibiron alomenos a primeira dose de Men ACWY. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 1 dose desta vacina antes dos 12 meses e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Enfermidade (Antígeno) | Dose | Cohorte | Porcentaxe |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2022 | Comunidade | 12 | Galicia | Meningite meningocócica (Men C) | Dose 1 | 2.021 | 100,00 |
2021 | Comunidade | 12 | Galicia | Meningite meningocócica (Men C) | Dose 1 | 2.020 | 100,00 |
2020 | Comunidade | 12 | Galicia | Meningite meningocócica (Men C) | Dose 1 | 2.019 | 100,00 |
2019 | Comunidade | 12 | Galicia | Meningite meningocócica (Men C) | Dose 1 | 2.018 | 99,80 |
2018 | Comunidade | 12 | Galicia | Meningite meningocócica (Men C) | Dose 1 | 2.017 | 104,00 |
2017 | Comunidade | 12 | Galicia | Meningite meningocócica (Men C) | Dose 1 | 2.016 | 99,90 |
2016 | Comunidade | 12 | Galicia | Meningite meningocócica (Men C) | Dose 1 | 2.015 | 99,80 |