Cobertura da vacinación de difteria e tétanos (Td) aos 65 anos
A vacina fronte a difteria e tétanos (Td) é unha vacina de uso en poboación infantil (formando parte do calendario de vacinación sistemática) e de poboación adulta (completando calendario vacinal con 5 doses ou como reforzo ante determinadas situacións de risco). Así mesmo, está indicada unha dose de recordo con Td aos 65 anos. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.
No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte á difteria e tétanos (Td) mediante o cálculo da porcentaxe de persoas que recibiron alomenos 1 dose de Td. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 1 dose desta vacina e no denominador incluiranse todas as persoas da mesma cohorte de nacemento.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Enfermidade (Antígeno) | Grupo poblacional | Cohorte | Porcentaxe |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2022 | Comunidade | 12 | Galicia | Difteria e tétanos (Td) | 65 anos | 1.957 | 12,20 |
2021 | Comunidade | 12 | Galicia | Difteria e tétanos (Td) | 65 anos | 1.956 | 12,70 |
2020 | Comunidade | 12 | Galicia | Difteria e tétanos (Td) | 65 anos | 1.955 | 13,00 |
2019 | Comunidade | 12 | Galicia | Difteria e tétanos (Td) | 65 anos | 1.954 | 13,80 |
2018 | Comunidade | 12 | Galicia | Difteria e tétanos (Td) | 65 anos | 1.953 | 13,30 |
2017 | Comunidade | 12 | Galicia | Difteria e tétanos (Td) | 65 anos | 1.952 | 22,30 |
2016 | Comunidade | 12 | Galicia | Difteria e tétanos (Td) | 65 anos | 1.951 | 10,20 |