Ir o contido principal

Indicador de solicitudes de modificación no Rexistro Galego de Laboratorios concedidas

Indicador de solicitudes de modificación no Rexistro Galego de Laboratorios para a realización de ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.

Para avaliar a evolución do rexistro estableceuse o indicador de solicitudes de modificación como a relación entre o número de solicitudes de modificación tramitadas e solicitadas:

  • (N.º de solicitudes de modificación tramitadas /N.º de solicitudes de modificación solicitadas)*100

As Administracións, no exercicio das súas competencias, crearán ou manterán os rexistros necesarios para o coñecemento das distintas situacións das cales poidan derivar accións de intervención en materia de seguridade alimentaria.

O Decreto 105/2015, do 25 de xuño, polo que se regulan o Rexistro e a Comisión galega de laboratorios para a realización de ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano e o seu réxime de acceso á actividade, ten por obxecto, entre outros:

  • O establecemento dun réxime de declaración responsable dos laboratorios para a realización de ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.
  • A regulación do Rexistro Galego de Laboratorios que realicen ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.

Deberán axustar a súa actividade a este decreto todas aquelas entidades públicas ou privadas que, na Comunidade Autónoma de Galicia, pretendan realizar ensaios de produtos alimenticios con destino ao consumo humano, con vistas á comprobación do cumprimento dos programas de autocontrol das industrias alimentarias, xa sexan propias ou alleas a esta.

Quedan excluídas do réxime de declaración responsable aquelas entidades públicas ou privadas que, na Comunidade Autónoma de Galicia, pretendan realizar ensaios de produtos alimenticios con destino ao consumo humano con resultados válidos no marco do control oficial, as cales serán designadas directamente para tal fin pola autoridade competente.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Total
2022 Comunidade 12 Galicia 3,00
2021 Comunidade 12 Galicia 4,00
2020 Comunidade 12 Galicia 7,00
2019 Comunidade 12 Galicia 10,00
2018 Comunidade 12 Galicia 5,00
2017 Comunidade 12 Galicia 9,00
2016 Comunidade 12 Galicia 5,00