Índice de envellecemento
O índice de envellecemento é un indicador demográfico que representa a relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos expresada en porcentaxe, é dicir, o número de persoas de 65 ou máis anos por cada 100 menores de 20 anos.