Calidade das augas de baño marítimas
Este indicador recolle a valoración da calidade das augas de baño de transición e marítimas, pertencentes á sección I do Rexistro de Augas de Baño de Galicia (RABG), augas de baño incluídas no Censo de Zonas de Augas de Baño, en relación coa súa calidade microbiolóxica e establece catro categorías (insuficiente, suficiente, boa e excelente).
- Nome indicador: Calidade das augas de baño, nivel de cumprimento
- Fórmula: Número de augas de baño de transición e marítimas pertencentes á sección I do RABG con cualificación sanitaria insuficiente, suficiente, boa e excelente
- Numerador (a): -
- Denominador (b): -
- Definición: Número de augas de baño de transición e marítimas pertencentes á sección I do RABG con cualificación sanitaria insuficiente, suficiente, boa e excelente
- Fontes de información: Sistema de información integral do ámbito de inspección na saúde pública (Herme)
- Ámbito de aplicación poboacional: Galicia
- Niveis de desagregación: Galicia / Provincia / Concello / Auga de baño
- Ámbito de aplicación temporal: 2011-2022
- Periodicidade: anual