Ir o contido principal

Mortalidade por cancro da traquea, dos bronquios e do pulmón. Taxa bruta

Mortalidade por cancro de traquea, bronquios e pulmón

  • Indicadores: Taxa bruta e axustada por idade, co método directo (poboación de referencia: censo de Galicia de 2001, censo de Galicia de 2011, poboación europea de 2013, poboación mundial de 1977). Taxas por 100.000 habitantes.
  • Defuncións: Mortes de residentes en Galicia, con causa básica de defunción cos códigos 162.0, 162.2, 162.3, 162.4, 162.5, 162.8 e 162.9 na 9ª revisión da Clasificación Internacional de Enfermidades ( CIE) e o código C34 na 10ª revisión. Datos obtidos do Rexistro de Mortalidade de Galicia.
  • Poboación: Poboación residente en Galicia o 1 xaneiro do ano a estudo. Datos obtidos do padrón municipal de habitantes.
  • Periodicidade: Anual.
  • Contexto: A información proporcionada para este conxunto de indicadores enmárcase dentro do Sistema de Vixilancia das Enfermidades Crónicas de Galicia (SVEC-G).

    En Galicia, as enfermidades crónicas son a causa principal de mortalidade, morbilidade e gasto do sistema sanitario. A frecuencia destas enfermidades na poboación depende da presenza nela dos distintos factores que aumentan o risco de padecelas (factores de risco), dos que evitan que ocorra (factores protectores) ou dos que, de ocorrer, fan que a enfermidade non sexa tan grave como sería de non concorreren intervencións e prácticas preventivas.

    O SVEC-G integra información sobre indicadores que resumen a frecuencia e o impacto que na mortalidade e morbilidade teñen as enfermidades crónicas máis relevantes en Galicia, así como de determinados factores de risco.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
O gráfico representa
Período
Ámbito
Espazo