Mortalidade por cancro de estómago. Anos de esperanza de vida perdidos (AEVP) entre 20 e 85 anos
Mortalidade por cancro de estómago
Indicadores: Número de defuncións e taxa bruta, específica e axustada por idade, co método directo (poboación de referencia: Censo Galicia 2001, Censo Galicia 2011, poboación europea-2013, poboación mundial-1977). Taxas por 100.000 habitantes.
Razón de mortalidade estandarizada e tendencia temporal, probabilidade acumulada e condicional de morrer por cancro, anos de esperanza de vida perdidos, efecto da mortalidade sobre o cambio na esperanza de vida ao nacemento.
- Defuncións: Mortes de persoas residentes en Galicia, con causa básica de defunción o código 151 na 9ª revisión da Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE) e código C16 na 10ª revisión. Datos obtidos do Rexistro de Mortalidade de Galicia.
- Poboación: Poboación residente en Galicia, a 1 xaneiro do ano a estudo. Datos obtidos do Padrón Municipal de habitantes.
- Periodicidade: Anual.