Ir o contido principal

Número de IVE segundo provincia de residencia

Neste apartado móstranse datos das interrupcións voluntarias do embarazo (IVE) realizadas en España por mulleres que residen en Galicia [1]. Os datos proceden dos centros acreditados para realizar IVE, que teñen a obriga de notificarlle a Sanidade unha serie de datos (anónimos) de cada IVE que nel se realiza [2]. En Galicia os centros acreditados envían estas notificacións ao Rexistro Galego de IVE, que depende da DXSP, que, pola súa banda, os envía ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Estas notificacións enviadas ao Ministerio fan referencia ás IVE realizadas en Galicia tanto en mulleres que residen nela como fóra dela. Dado que todas as comunidades autónomas levan a cabo o mesmo procedemento, o Ministerio está en condicións de devolverlles ás comunidades as IVE realizadas fóra da Comunidade de mulleres que residen nela. Deste xeito, como quedou dito, os datos do Rexistro Galego conteñen todas as IVE realizadas en España por mulleres que residen en Galicia. Pola contra, non constan os datos de IVE realizadas fóra de España nin, por suposto, aquelas que non foran notificadas.

Contidos e consideracións metodolóxicas

As táboas e gráficos que se mostran tratan as IVE, ademais de como número absoluto, como porcentaxe, taxa e razón.

En concreto, móstrase a taxa de IVE específica por grupo de idade (é dicir, número de IVE realizadas por mulleres dun grupo de idade determinado dividido polo número de mulleres dese mesmo grupo, multiplicado por mil só para favorecer a lectura do resultado), que, a diferenza do que ocorre cos números absolutos, permite facer comparacións entre os distintos grupos de idade e comparar os valores de distintos períodos.

Ademais da taxa de IVE específica, móstrase a taxa de IVE axustada á poboación de mulleres galegas (datos do censo de 2001) entre os 15 e 44 anos de idade e os 14 e 49 anos. Este axuste permite controlar as diferenzas que pode haber nas distribucións por idade nas mulleres en distintos períodos (véxase, por exemplo a pirámide de poboación que se comenta despois) e entre distintos lugares, como as provincias galegas. Este control fai posible que, a diferenza do que ocorre cos números absolutos, se poidan comparar as taxas de IVE de diferentes poboacións e de diferentes momentos nunha mesma poboación.

A razón fai referencia ao cociente entre o número de IVE e o número de nacementos ocorridos en mulleres dunha certa idade ou de certo lugar. A razón multiplícase por 10.000 só para facilitar a lectura do resultado, e, ao relacionala coa taxa de IVE (taxa/razón), pódese obter unha taxa de natalidade (é dicir, número de nenos nados dividido entre o número de mulleres).

Ademais dos números absolutos, taxas e razóns, pódese obter a distribución porcentual de IVE segundo: o momento da interrupción (semana de xestación, interrupcións precoces e serodias [3]), o motivo da IVE, o método empregado para realizala, os antecedentes das mulleres (número de fillos e de IVE previas), o lugar onde se soubo da posibilidade da IVE, o lugar de nacemento e a nacionalidade.

Os datos de poboación anual de mulleres para o período 1990-1997 son estimacións intercensuais calculadas a partir dos censos de 1981 e 1991 e os padróns de 1986, 1996 e 1998; e para o período que comeza en 1998 tomáronse os datos da Renovación Anual do Padrón, procedentes do Instituto Galego de Estatística (IGE). Os nacementos por idade da nai proceden do IGE.

[1] A Lei orgánica 9/1985, vixente ata o ano de 2010, despenalizaba a IVE nos tres supostos seguintes: cando existía perigo para a vida ou saúde da embarazada, cando o embarazo fora consecuencia dunha violación e cando existía a presunción de que o feto ía nacer con graves taras. No segundo e terceiro suposto a IVE debíase realizar dentro das 12 e 22 primeiras semanas de xestación, respectivamente.
O 5 de xullo de 2010, entrou en vigor a Lei orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo (BOE N.º 55, do 4 de marzo de 2010). Segundo esta lei, poderase interromper o embarazo a petición da muller (nas 14 primeiras semanas de xestación) ou polas seguintes causas médicas: grave risco para a vida ou saúde da embarazada (nas 22 primeiras semanas de xestación), risco de graves anomalías no feto (nas 22 primeiras semanas de xestación) e, por último, enfermidade extremadamente grave e incurable no feto ou incompatible coa vida.

[2] Obriga que estableceu a Orde do 16 de xuño de 1986, na que se que dispoñen as condicións para poder levar a cabo a información epidemiolóxica e mais a explotación estatística dos datos obtidos.

[3] Precoz é a IVE que se realiza antes de 9 semanas de xestación, e serodia a que se realiza despois de 15 semanas.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Total [IVEs]
2012 Comunidade 12 Galicia 3.655
2012 Provincia 15 A Coruña 1.756
2012 Provincia 27 Lugo 347
2012 Provincia 32 Ourense 511
2012 Provincia 36 Pontevedra 1.041
2011 Comunidade 12 Galicia 4.141
2011 Provincia 15 A Coruña 2.007
2011 Provincia 27 Lugo 458
2011 Provincia 32 Ourense 498
2011 Provincia 36 Pontevedra 1.178
2010 Comunidade 12 Galicia 3.513
2010 Provincia 15 A Coruña 1.764
2010 Provincia 27 Lugo 281
2010 Provincia 32 Ourense 371
2010 Provincia 36 Pontevedra 1.097
2009 Comunidade 12 Galicia 3.208
2009 Provincia 15 A Coruña 1.509
2009 Provincia 27 Lugo 223
2009 Provincia 32 Ourense 304
2009 Provincia 36 Pontevedra 1.172
2008 Comunidade 12 Galicia 2.543
2008 Provincia 15 A Coruña 1.144
2008 Provincia 27 Lugo 186
2008 Provincia 32 Ourense 268
2008 Provincia 36 Pontevedra 945
2007 Comunidade 12 Galicia 2.546
2007 Provincia 15 A Coruña 1.090
2007 Provincia 27 Lugo 183
2007 Provincia 32 Ourense 274
2007 Provincia 36 Pontevedra 999
2006 Comunidade 12 Galicia 2.482
2006 Provincia 15 A Coruña 1.061
2006 Provincia 27 Lugo 275
2006 Provincia 32 Ourense 252
2006 Provincia 36 Pontevedra 894
2005 Comunidade 12 Galicia 2.525
2005 Provincia 15 A Coruña 1.008
2005 Provincia 27 Lugo 276
2005 Provincia 32 Ourense 240
2005 Provincia 36 Pontevedra 1.001
2004 Comunidade 12 Galicia 2.564
2004 Provincia 15 A Coruña 974
2004 Provincia 27 Lugo 285
2004 Provincia 32 Ourense 231
2004 Provincia 36 Pontevedra 1.074
2003 Comunidade 12 Galicia 2.532
2003 Provincia 15 A Coruña 984
2003 Provincia 27 Lugo 258
2003 Provincia 32 Ourense 262
2003 Provincia 36 Pontevedra 1.028