Persoas maiores de 64 que viven en fogares unipersoais
Este indicador proporciona información sobre o número de persoas maiores de 64 anos que residen en fogares unipersoais nunha poboación e período de tempo específicos. A análise deste indicador é importante para entender as condicións de vida e o benestar das persoas maiores e pode ter implicacións sociais e de políticas públicas.
Na Enquisa estrutural a fogares para establecer se unha persoa é membro ou non dun fogar, tense en conta se pernocta habitualmente catro ou máis noites á semana na vivenda (persoa presente) ou se non o fai (persoa ausente).
- As persoas presentes son membros do fogar se levan tres ou máis meses presentes, tanto se ocupan outra vivenda permanentemente coma se non, e se levan menos de tres meses presentes e non ocupan outra vivenda permanentemente.
- As persoas ausentes son membros do fogar se levan menos de tres meses ausentes e non ocupan outra vivenda permanentemente.
Existen as seguintes excepcións:
- Persoal doméstico interno, que é membro do fogar agás que teña outro fogar que considere como o seu fogar principal.
- Persoas desprazadas temporalmente a outro lugar, que son membros do fogar no que está o seu núcleo familiar. Entre eles están:
- Varóns que cumpren o servizo militar (ata o ano 2001)
- Enfermos en sanatorios.
- Persoas en viaxes de negocio ou lecer.
- Pescadores no mar.
- Persoal navegante de compañías aéreas ou marítimas, nacionais ou estranxeiras.
- Persoal desprazado por coidado de familiares.
- Estudantes e traballadores desprazados temporalmente, que se consideran membros do fogar se pensan volver reunirse co núcleo familiar cando finalice a causa pola que se desprazaron. No caso de descoñecer esta circunstancia, son membros do fogar se levan ausentes menos dun ano.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Total |
---|---|---|---|---|
2022 | Comunidade | 12 | Galicia | 123.258 |
2021 | Comunidade | 12 | Galicia | 127.296 |
2020 | Comunidade | 12 | Galicia | 123.904 |
2019 | Comunidade | 12 | Galicia | 122.731 |
2018 | Comunidade | 12 | Galicia | 129.241 |
2017 | Comunidade | 12 | Galicia | 117.852 |
2016 | Comunidade | 12 | Galicia | 114.906 |
2015 | Comunidade | 12 | Galicia | 121.297 |
2014 | Comunidade | 12 | Galicia | 119.552 |
2013 | Comunidade | 12 | Galicia | 121.988 |
2012 | Comunidade | 12 | Galicia | 111.667 |
2011 | Comunidade | 12 | Galicia | 116.554 |
2010 | Comunidade | 12 | Galicia | 121.246 |
2009 | Comunidade | 12 | Galicia | 111.335 |
2008 | Comunidade | 12 | Galicia | 114.856 |
2007 | Comunidade | 12 | Galicia | 110.941 |