Persoas maiores de 64 que viven en fogares unipersoais
Este indicador proporciona información sobre o número de persoas maiores de 64 anos que residen en fogares unipersoais nunha poboación e período de tempo específicos. A análise deste indicador é importante para entender as condicións de vida e o benestar das persoas maiores e pode ter implicacións sociais e de políticas públicas.
Na Enquisa estrutural a fogares para establecer se unha persoa é membro ou non dun fogar, tense en conta se pernocta habitualmente catro ou máis noites á semana na vivenda (persoa presente) ou se non o fai (persoa ausente).
- As persoas presentes son membros do fogar se levan tres ou máis meses presentes, tanto se ocupan outra vivenda permanentemente coma se non, e se levan menos de tres meses presentes e non ocupan outra vivenda permanentemente.
- As persoas ausentes son membros do fogar se levan menos de tres meses ausentes e non ocupan outra vivenda permanentemente.
Existen as seguintes excepcións:
- Persoal doméstico interno, que é membro do fogar agás que teña outro fogar que considere como o seu fogar principal.
- Persoas desprazadas temporalmente a outro lugar, que son membros do fogar no que está o seu núcleo familiar. Entre eles están:
- Varóns que cumpren o servizo militar (ata o ano 2001)
- Enfermos en sanatorios.
- Persoas en viaxes de negocio ou lecer.
- Pescadores no mar.
- Persoal navegante de compañías aéreas ou marítimas, nacionais ou estranxeiras.
- Persoal desprazado por coidado de familiares.
- Estudantes e traballadores desprazados temporalmente, que se consideran membros do fogar se pensan volver reunirse co núcleo familiar cando finalice a causa pola que se desprazaron. No caso de descoñecer esta circunstancia, son membros do fogar se levan ausentes menos dun ano.
Este indicador ofrece información sobre a distribución da poboación en grandes grupos de idade na...
Este indicador ofrece información sobre a poboación estranxeira nunha zona ou país específico...
A taxa bruta de natalidade é un indicador demográfico que reflicte o número de nacementos nunha...
Esta taxa bruta de natalidade, desagregada segundo a nacionalidade (española ou estranxeira) das...
Este indicador reflicte a porcentaxe de nacementos que ocorren en mulleres menores de 20 anos con...
O Índice de dependencia global é un indicador demográfico que representa a relación entre os grupos...
O Índice de dependencia senil é un indicador demográfico que representa a relación entre a poboación...
O índice de envellecemento é un indicador demográfico que representa a relación entre a poboación...
O índice de sobreenvellecemento é un indicador demográfico que representa a relación entre a...
A taxa de risco de pobreza ou exclusión social é un indicador socioeconómico que representa a...
O indicador «Fogares con carencia material severa» representa o número de fogares que experimentan...
O indicador «Desemprego de longa duración» representa a porcentaxe de poboación activa que estivo...
O indicador de persoas con baixos niveis educativos representa a porcentaxe de poboación de 25 a 64...
O indicador do abandono educativo temperán representa a porcentaxe de poboación entre 18 e 24 anos...
Este indicador ofrece información sobre a distribución da poboación en grupos quinquenais de idade...
O indicador de «Idade media o 1 de xaneiro» reflicte a idade media da poboación nunha determinada...
O índice sintético de fecundidade é un indicador demográfico que representa o número esperado de...
O indicador de Poboación total por sexo e grupos de idade, tamén coñecido como pirámide demográfica...
Prevalencia do consumo de bebidas azucradas (datos autodeclarados).
Media de horas de sono que descansa a poboación galega de luns a venres (datos autodeclarados).