Porcentaxe de embarazadas vacinadas da COVID
A vacina fronte a COVID é unha vacina empregada na inmunización da poboación de 60 anos ou máis, do persoal sanitario, das mulleres embarazadas e de determinadas persoas con condicións de risco. Pode atopar máis información consultando a seguinte ligazón: Información sobre a COVID.
No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte á COVID en embarazadas. No numerador do presente indicador figurará o número de mulleres que recibiron unha dose fronte a COVID entre setembro e xaneiro do período avaliado e no denominador incluiranse todas as embarazadas entre outubro e xaneiro dese mesmo período.