Porcentaxe de poboación de maiores vacinada da gripe por grupos de idades
A vacina fronte a gripe é unha vacina empregada na inmunización da poboación de 60 anos ou máis, do persoal sanitario, das mulleres embarazadas, persoas con condicións de risco e dos nenos e nenas de entre 6 e 59 meses. Pode atopar máis información consultando a seguinte ligazón: Información sobre a Gripe.
No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte á gripe segundo o grupo de idade:
- Cobertura vacinal fronte á gripe nas persoas de 80 anos ou máis. No numerador do presente indicador figurará o número de persoas con 80 e máis anos que recibiron unha dose de gripe entre setembro e xaneiro do período avaliado e no denominador incluiranse todas as persoas da correspondente cohorte de idade.
- Cobertura vacinal fronte á gripe nas persoas de 70 a 79 anos. No numerador do presente indicador figurará o número de persoas de 70 a 79 anos que recibiron unha dose de gripe entre setembro e xaneiro do período avaliado* e no denominador incluiranse todas as persoas da correspondente cohorte de idade.
- Cobertura vacinal fronte á gripe nas persoas de 60 a 69 anos. No numerador do presente indicador figurará o número de persoas de 60 a 69 anos que recibiron unha dose de gripe entre setembro e xaneiro do período avaliado* e no denominador incluiranse todas as persoas da correspondente cohorte de idade.
| Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Sexo | Grupo poblacional | Campana | Porcentaxe |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2024 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | Total | 80 ou máis anos | 2024-2025 | 82,92 |
| 2024 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | Homes | 60-69 anos | 2024-2025 | 48,07 |
| 2024 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | Homes | 70-79 anos | 2024-2025 | 72,03 |
| 2024 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | Homes | 80 ou máis anos | 2024-2025 | 82,47 |
| 2024 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | Mulleres | 60-69 anos | 2024-2025 | 46,33 |
| 2024 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | Mulleres | 70-79 anos | 2024-2025 | 67,01 |
| 2024 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | Mulleres | 80 ou máis anos | 2024-2025 | 75,62 |
| 2024 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | Total | 60-69 anos | 2024-2025 | 47,15 |
| 2024 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | Total | 70-79 anos | 2024-2025 | 69,29 |
| 2024 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | Total | 80 ou máis anos | 2024-2025 | 78,11 |