Prevalencia de obesidade en mozos
Prevalencia de obesidade en mozos.
- Ámbito poboacional: Estudantes de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) residentes en Galicia.
- Indicador: Porcentaxe de estudantes de 4º de ESO (15-16 anos maioritariamente) con índice de masa corporal (IMC=Peso/altura2) igual ou superior ao punto de corte proposto por Cole para a obesidade en función da idade e o sexo; o IMC calcúlase a partir do peso e a altura autodeclarados. Acompáñase de intervalos de confianza do 95%.
- Fonte de datos: Sistema de Información sobre Condutas de Risco para a saúde na Xuventude (SIX). O SIX recolle datos sobre condutas relacionadas coa saúde nos estudantes residentes en Galicia matriculados en 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Neste curso o alumnado ten 15 anos a 31 de decembro, excepto aqueles que repiten curso.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Sexo | Prevalencia | Límite inferior (IC95%) | Límite superior (IC95%) |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | 1,54 | 1,14 | 2,08 |
2014 | Comunidade | 12 | Galicia | Homes | 1,71 | 1,16 | 2,51 |
2014 | Comunidade | 12 | Galicia | Mulleres | 1,37 | 0,87 | 2,14 |
2007 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | 2,21 | 1,62 | 3,01 |
2007 | Comunidade | 12 | Galicia | Homes | 3,18 | 2,20 | 4,57 |
2007 | Comunidade | 12 | Galicia | Mulleres | 1,41 | 0,80 | 2,47 |