Supervivencia no período 2015-2019
O Rexistro Galego de Tumores (REGAT) é un rexistro de base poboacional que identifica e rexistra, de forma exhaustiva e continuada, os novos tumores diagnosticados na poboación residente en Galicia desde o ano 2010.
A continuación preséntanse os datos sobre a Supervivencia a tumores en Galicia, correspondentes ao último informe consolidado do Rexistro Galego de Tumores, relativo ao ano 2022. Os datos reflicten a información sobre a supervivencia a tumores na cohorte de pacientes diagnosticados no período 2015-2019, desagregada por tipo de tumor, localización, sexo e tempo desde o diagnóstico (ata os 5 anos).
Supervivencia a 5 anos no período 2015-2019
A continuación preséntanse información da supervivencia observada e supervivencia relativa a todos os tumores, excepto pel non melanoma, por tempo dende o diagnóstico e por sexo.
Ámbito | Espazo | Sexo | Cohorte diagnostico | Tumor | Anos dende diagnostico | Supervivencia |
---|---|---|---|---|---|---|
Comunidade | Galicia | Total | 2015-2019 | Todos, excepto de pel non melanoma | 1 | 72,40 |
Comunidade | Galicia | Total | 2015-2019 | Todos, excepto de pel non melanoma | 2 | 64,50 |
Comunidade | Galicia | Total | 2015-2019 | Todos, excepto de pel non melanoma | 3 | 59,40 |
Comunidade | Galicia | Total | 2015-2019 | Todos, excepto de pel non melanoma | 4 | 55,60 |
Comunidade | Galicia | Total | 2015-2019 | Todos, excepto de pel non melanoma | 5 | 52,50 |
Ámbito | Espazo | Sexo | Cohorte diagnostico | Tumor | Anos dende diagnostico | Supervivencia | Limite inferior (IC95%) | Limite superior (IC95%) |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Comunidade | Galicia | Total | 2015-2019 | Todos, excepto de pel non melanoma | 1 | 74,60 | 74,30 | 74,90 |
Comunidade | Galicia | Total | 2015-2019 | Todos, excepto de pel non melanoma | 2 | 68,40 | 68,10 | 68,80 |
Comunidade | Galicia | Total | 2015-2019 | Todos, excepto de pel non melanoma | 3 | 64,90 | 64,60 | 65,30 |
Comunidade | Galicia | Total | 2015-2019 | Todos, excepto de pel non melanoma | 4 | 62,90 | 62,50 | 63,30 |
Comunidade | Galicia | Total | 2015-2019 | Todos, excepto de pel non melanoma | 5 | 61,50 | 61,10 | 61,90 |
Supervivencia relativa (%) en mulleres aos 5 anos dende o diagnóstico
Supervivencia relativa (%) en homes aos 5 anos dende o diagnóstico
Probabilidade acumulada de morrer a 5 anos no período 2015-2019
Os diagramas amosados a continuación, representan tanto a probabilidade acumulada de morrer por tumores, excepto pel non melanoma, como por outras causas en función do tempo dende o diagnóstico e por sexo.
Supervivencia por tipo tumoral e sexo no período 2015-2019
Finalmente, pódese ver a información de supervivencia relativa a 5 anos, por tipo tumoral e sexo en Galicia durante este período.
Indicadores ampliados
Para ver máis información pódense consultar os indicadores detallados do Rexistro Galego de Tumores publicados neste Observatorio. Nos indicadores detallados preséntase a evolución da supervivencia de cada tipo tumoral no período 2020-2022.