Ruta Guntumil-Portela de Pitôes-Requias
Breve descrición do recurso/activo
Este carreiro dun 11 km mostra un gran interese a pesar da súa dificultade. Sen darnos conta, e continuando os vellos camiños, tantas veces concorridos por contrabandistas e foraxidos, penetraremos en Portugal. Iniciamos o noso percorrido en Guntumil, collendo a estrada que se dirixe a Tourem, no veciño concello portugués de Montealegre, onde tomaremos o desvío que nos levará ata a ermida de Santa María de Castro. Retornando ao carreiro podemos contemplar restos megalíticos na zona chamada Padín, continuando a nosa marcha ata o refuxio de montaña do Pisco. Alí collemos o roteiro que nos vai a levar ata Portela de Pitôes (Montealegre-Portugal), onde podemos visitar os restos do mosteiro cisterciense de Pitôes das Junias á vez que divisamos os picos de Fontefría. Desde a aldea portuguesa iniciamos o descenso ata chegar á aldea de Requiás, xa en Muiños.
Área temática
Actividade física/sedentarismo
Natureza e contorna ambiental
Grupo de idade
Adolescentes (12-17 anos)
Persoas mozas (18-29 anos)
Persoas adultas (30-64)
Maiores de 64 anos
Tipo de recurso
Recursos físicos dunha área
Accesibilidade
Física
Acceso
Peonil
-
Tipo de titularidadeConcello / mancomunidade
-
Gratuítosi non
-
Titular do recursoConcello de Muíños
-
Teléfono de contacto639030034
-
Email do recursoturmuinos@gmail.com
-
Web do recurso
-
Comunidade AutónomaGalicia
-
ProvinciaOurense
-
MunicipioMuíños
-
Tipo de víaAldea
-
EnderezoGuntumil
-
Código postal32880
-
Información adicional (Observacións)Inicio: Guntumil
Fin: Requiás
Itinerario: 11quilómetros.
Duración aproximada: 3 horas
Dificultade: Media-Alta