Prevalencia de obesidade antes do embarazo (datos autodeclarados)
Prevalencia de obesidade antes do embarazo (datos autodeclarados).
- Ámbito poboacional: Mulleres residentes en Galicia de 18 a 50 anos que deron a luz un fillo vivo entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de agosto de 2016.
- Indicador: Porcentaxe de mulleres que seis meses antes do embarazo tiñan un índice de masa corporal (IMC=Peso/altura2) igual ou superior a 30 kg/m2, calculado a partir do peso e a altura autodeclarados. Acompáñase de intervalos de confianza do 95%.
- Fonte de datos: Sistema de Información sobre Condutas de Risco de Galicia (SICRI), monográfico do ano 2016 sobre saúde materno-infantil. O SICRI-2016 realizouse co obxectivo de coñecer comportamentos, actitudes e experiencias que aconteceron antes, durante e despois de que unha muller maior de idade dese a luz un fillo vivo en Galicia entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de agosto de 2016. Ademais, obtívose información sobre os nenos e nenas, que tiñan entre 3 e 16 meses na data da entrevista.
Ver filtros
Ocultar filtros
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Sexo | Grupo Idade | Prevalencia | Límite inferior (IC95%) | Límite superior (IC95%) |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Mulleres embarazadas | 7,94 | 7,28 | 8,66 |
2016 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | Total | Total | 7,20 | 5,93 | 8,72 |
2016 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | Total | Total | 7,89 | 6,42 | 9,67 |
2016 | Área sanitaria | FE | Ferrol | Total | Total | 7,77 | 5,50 | 10,87 |
2016 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | Total | Total | 9,07 | 7,02 | 11,65 |
2016 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | Total | Total | 7,12 | 5,17 | 9,73 |
2016 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | Total | Total | 8,72 | 6,93 | 10,90 |
2016 | Área sanitaria | VI | Vigo | Total | Total | 8,16 | 6,76 | 9,81 |