Ir o contido principal

Taxa de participación no PGDPCM

Taxa de participación no Programa de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama, en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.

As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre este cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria. 

A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses).

A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.

No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Porcentaxe
2019 Provincia 15 A Coruña 82,34
2019 Provincia 27 Lugo 86,40
2018 Comunidade 12 Galicia 81,31
2018 Provincia 15 A Coruña 80,65
2018 Provincia 27 Lugo 82,50
2018 Provincia 32 Ourense 81,85
2018 Provincia 36 Pontevedra 81,58
2018 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 79,65
2018 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 82,50
2018 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 81,85
2018 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 81,86
2018 Área sanitaria FE Ferrol 79,42
2018 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 82,91
2018 Área sanitaria VI Vigo 81,12
2017 Comunidade 12 Galicia 81,90
2017 Provincia 15 A Coruña 82,16
2017 Provincia 27 Lugo 85,99
2017 Provincia 32 Ourense 78,65
2017 Provincia 36 Pontevedra 81,62
2017 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 79,66
2017 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 85,99
2017 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 78,65
2017 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 86,46
2017 Área sanitaria FE Ferrol 84,31
2017 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 85,38
2017 Área sanitaria VI Vigo 78,00
2016 Comunidade 12 Galicia 83,72
2016 Provincia 15 A Coruña 83,91
2016 Provincia 27 Lugo 82,43
2016 Provincia 32 Ourense 84,77
2016 Provincia 36 Pontevedra 83,70
2016 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 81,20
2016 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 82,43
2016 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 84,77
2016 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 86,37
2016 Área sanitaria FE Ferrol 81,37
2016 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 89,18
2016 Área sanitaria VI Vigo 82,47
2015 Comunidade 12 Galicia 80,95
2015 Provincia 15 A Coruña 78,90
2015 Provincia 27 Lugo 86,71
2015 Provincia 32 Ourense 79,48
2015 Provincia 36 Pontevedra 82,11
2015 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 77,88
2015 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 86,71
2015 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 79,48
2015 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 84,09
2015 Área sanitaria FE Ferrol 83,46
2015 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 80,09
2015 Área sanitaria VI Vigo 80,27